Estimadas familias
Tendo en conta a situación extraordinaria que nos toca vivir, ocórresenos dende o departamento de orientación, subir un par de ficheiros con frases en pictogramas. Estas imaxes poden axudar ao alumnado do noso centro a comprender mellor a situación. Ademais propomos tamén en pictogramas unha serie de opcións para que os nenos e nenas poidan elixir o que lles apeteza facer en cada momento.