Skip to Content

Aula 3

Rutina de primeira hora

É moi importante facer sempre rutinas e adianarlles en todo momento o que vai suceder ao longo do día e con que mestres van ter.

A primeira hora sempre facemos unha Asamblea, o noso horario e un mini repaso dos pasos a sguir para ir o baño.

Sempre acompañados polos nosos comunicadores.

Ademaís agora tamén temos o comunicador en baixa tecnoloxía!

Xogo de atención co comunicador

Ola familias! Continuamos a traballar a lectoescritura sempre acompañados polos nosos comunicadores posto a que son a nosa voz e todo neno e persoa ten dereito a comunicarse e a expresarse.

Hoxe trouxemos un divertido xogo de atención onde tiñan que ir deletreando as letras e poñendoas no comunicador para formar as palabras que lles presentaba na ficha.

Comunicadores

Os nosos comunicadores  son a nosa voz, por iso e ideal que vaian connosco a todos os espacios do centro e ademáis tamén as saídas, e por suposto, na casa coas familias.


Visitas especiais

Ola familias! O Venres recibimos na nosa aula unha visita super especial, Thara, Siham, Adrián, Jenny e o profe Ramón. Viñeron lernos uns párrafos do libro da liña temática que estamos a traballar este curso.

Despois fixeron xunto con Abraham e Branyeli un xogo de atención.

Faltounos Lucas que estaba enfermiño!

Disfrutamos moito con estas visitas!

Reciclaxe

Ola familias! Fai uns días comezamos a explicar un pouco sobre o tema da reciclaxe e dos distintos cores que nos podemos topar! Todo ca aplicación que nos encanta, pictosonidos!

Distribuir contido


by Dr. Radut