Atrás deixamos outro trimestre cargadiño de bos momentos froito das distintas actividades que se levaron a cabo no cole. Foi un trimestre longo pero disfrutado eso sí!
Agardamos que vos guste o video resumo que fixemos da aula 6.
O 23 de abril celébrase o Día do Libro e no CEE Miño participamos desta conmemoración cunhas actividades na biblioteca do noso colexio. Perico e Piruleta contáronnos un conto titulado "O camiño" e, a continuación, colaboramos na creación do material para a nosa próxima curtametraxe animada, baseada neste libro. Xa tedes algunhas pistas, polo que agora toca esperar á estrea, que anunciaremos proximamente!
Unha vez rematado o segundo trimestre queremos compartir esta montaxe onde recollemos en fotos distintos momentos que vivimos e experimentamos no obradoiro de aprendemos medrando.