Skip to Content

RADIO VELLE ENTREVISTA A CHARO GOLMAR

Bo día, o xoves pasado tivemos a visita da escritora Charo Golmar no noso cole, para ver e comprobar o ben que o pasamos coas súas obras Nobelo de Luz e No bico do vento. E dende Radio Velle quixemos aproveitar para facerlle unha pequena entrevista.

Gracias por todo Charo e ata cando queiras.

ENCONTROS CO AUTOR

O día 6 de xuño recibimos a marabillosa visita de Charo Golmar acompañada de Manoele de Felisa...o resto deixámosvolo aquí...

A presentación de Manoele

A visita máxica de Charo...arroupada dun nobelo de luz...

ENCONTROS CO AUTOR

Este xoves día 6 de xuño imos recibir a visita da autora Charo Golmar acompañada polo cantautor Manoele De Felisa.

Achegamos un pdf con todos os detalles.

PRIMEIRAS OLIMPIADAS CEE MIÑO 2024

O pasado venres 31 de maio para despedir o mes celebramos as primeiras olimpiadas do cole e desprazámonos ata o campo de fútbol de Velle para contar co espazo perfecto!

Convidamos aos compañeiros e compañeiras de Aspanas e un grupiño bastante numeroso uniuse a actividade.

COMPARTINDO XUÑO

Achegamos entrada do mes de xuño no bloque "compartindo" con novas recomendacións interesantes.Agardamos sexa do voso interese.

ACTIVIDADES INFANTÍS CON ANIMAIS

Achegamos arquivo das actividades que ofrece a ASOCIACIÓN ESGAIA INSERTA nos periodos de verán para as familias.Agardamos sexan do voso interese.

Distribuir contido


by Dr. Radut