Skip to Content

COMPARTINDO MARZO

Achegamos a entrada mensual de "compartindo" con novidades en formación, lectura e masterclass. Esperamos vos sexan de utilidade.

DÍA DA MULLER

Xa queda pouco para celebrar o  8 de marzo,día da muller. Achegamos o genially actualizado por se vos é de utilidade.

EDUCACIÓN VIARIA

O pasado venres día 23 tivemos unha actividade sobre educación viaria promovida polo concello de Ourense.Deixamos o resumo da mesma.

ROSALÍA DE CASTRO

Achegamos genially sobre Rosalía de Castro con cousiñas variadas por se vos é de axuda na semana previa á celebración do seu día.

RADIO VELLE

Hoxe 13 de febreiro, aparte de ser martes de entroido, celébrase o día mundial da radio, ese pequeno aparato que hai cada vez en menos casas. 

Por elo, publicamos a primeira entrevista realizada por Radio Velle  a Manuel Penín na súa recente visita ao centro. Esperamos que vos guste e atentos a próximas publicacións.

ENTROIDO 2024

Este ano a festa de Entroido adicámola ao AMOR. O tema está moi relacionado cun poema dos que traballamos na liña temática deste curso. Cada aula, cos distintos especialistas escolleu unha cor e todos e todas fomos disfrazados de corazóns. Ahhhh e tamén apareceron unhas CUPIDAS...fermosas e cheas de amor para axudar e compartir esta bonita festa que celebramos no auditorio o pasado venres día 9 de febreiro. Agardamos que vos guste o vídeo resumo da festa.

Distribuir contido


by Dr. Radut