Skip to Content

Aula 9

Concerto

Ola familias! Hoxe tivemos concerto no colexio e Milito e Abraham divertironse moito!

Educación Vial

Ola familias! Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio. Visitounos a Garda Civil onde nos ensinaron educación vial, o seu coche e a súa moto. Deixovos unhas fotos do ben que o pasou Milito. Unha mágoa que Abraham, debido a súa escordadura non puidera estar. Recupérate axiña!

 

 

Xogos Enxebres

Ola familias! Onte e hoxe no colexio os nenos/as puideron disfrutar de xogos tradicionais e un camiño sensorial onde apreciaron as  diferentes texturas. Milito e Abraham pasárono xenial!

Traballo de aula

Ola familias! Aquí podedes ver como Milito e Abraham seguen a colaborar para o Proxecto que participa o no colexio o 'Nós tamén creamos'. Están feitos uns traballadores! Moi pronto poderedes ver o resultado final.

Nós tamén Creamos

Ola familias! O noso centro está a participar No Proxecto 'Nós tamén creamos'  un Programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas.

As emocións

Ao longo de todo o curso, Milito e Abraham estiveron traballando as emocións. É moi importante para eles que identifiquen, expresen e regulen todas as emocións que sintan. Deste xeito van mellorar no seu comportamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut