EXCURSIÓN A LODOSELO
O pasado xoves 23 de maio un grupo de alumnado,profesorado e coidadores do CEE MIÑO puxémonos en marcha para ir de excursión ao CDR O VISO no pobo de Lodoseso, Concello de Sarreaus.
Foi unha experiencia super completa e con vivivencias, cremos que moi significativas para o alumnado.
No vídeo podedes ver todas as actividades que se levaron a cabo desde elaborar uns boliños de pan ata probar a froita da horta que teñen, pasando polo contacto con distintos animais que hai no pobo, etc, etc...
Volvemos moi contentos e agradecidos co trato e cariño co que nos recibiron, foi unha xornada marabillosa!
Ogallá volvamos axiña!
Mil grazas