Skip to Content

Complementarias

MANS A MASA...TOCA FACER PAN!!!

Desde fai unhas semaniñas un grupo de alumnado do cole está traballando nun proxecto que xa vos ensinaremos máis adiante porque de momento non podemos darvos máis pistas… pero hoxe queremos adiantarvos un anaquiño que xa se levou a cabo antes das vacacións de Semana Santa e co que disfrutaron un montón!!!
Quedádevos con este nome…MARUXA!

SAÍDA AO AUDITORIO: EU COCIÑO TI COCIÑAS

O luns día 8, un grupiño de rapaces e rapazas do CEE Miño acudiu ao auditorio para ver a representación teatral acompañada de música do grupo Mamá Cabra que leva por título: Eu cociño, Ti cociñas.

Unha historia onde a cociña é a protagonista e cuns ritmos pegadizos cos que o alumnado gozou un montón.

O CEE MIÑO ∞ UNA DINÁMICA NUEVA PARA EL AUTISMO

Co título da entrada o CEE Miño uniuse a campaña realizada polo Movemento Asociativo do Autismo en España e Autismo Europa para visibilizar a realidade e necesidades das persoas con TEA e fixo do seguinte xeito:

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe tamén celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A asamblea xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para poñer de manifesto a necesidade de contribuir a mellora  da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), para que podan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

A semana pasada estivemos de celebracións varias e foron moitas as actividades que fixemos no cole que se organizaron desde as distintas dinamizacións. Agora que as rematamos aquí vos contamos como foi todo...

FESTA DO ENTROIDO

O pasado venres, día 1 de marzo, a comunidade educativa do CEE Miño celebrou a súa festa de Entroido, co lema "Repoboación" seguindo coa liña dos proxectos que
Distribuir contido


by Dr. Radut