Skip to Content

RECOÑECER AS EMOCIÓNS

 

 

Bo día familias, 

Continuamos traballando dende a casa, hoxe queremos aportarvos un recurso que a moitos vos resultará útil e divertido. Trátase do dado das emocións. Se tedes impresora podedes imprimilo, se non pois podemos sacar o noso lado artístico e debuxalo nós mesmos. 

É moi importante recoñecer e ser capaces de poñer nome as diferentes emocións, deste xeito podemos identificar como nos sentimos e tratar de xestionalo axeitadamente.

Podemos utilizar a nosa imaxinación e crear moitos xogos cos dados das emocións

Representar as emocións, identificalas, debuxalas... Agardamos que vos guste e vos resulte de utilidade.

Unha aperta!!!

AdxuntoTamaño
dados-emociones-emojis.pdf236.2 KB


blog | by Dr. Radut