Skip to Content

Orientación

XOGAR PARA APRENDER

Queridas familias

Un día máis compartindo coas nosas persoas máis achegadas  experiencias extraordinarias para unha situación extraordinaria. Hoxe gustaríanos aportarvos algo de xogo para poder aprender de xeito lúdico. Ogallá este día soleado vos aporte moitas experiencias positivas. 

https://www.pictojuegos.com/

AS EMOCIÓNS

Bo día familias

 

Hoxe dende o departamento de orientación, queríamos recordar o importante que é a intelixencia emocional. Para que o noso alumnado aprenda a identificar e xestionar os diferentes estados e emocións deixámosvos un material compartido por ARASAAC que nos pareceu moi interesante. Trátase de identificar as emocións contento/triste.

 

PARA APRENDER XOGANDO

Estimadas familias

 

Agardamos que sigades ben, o equipo do departamento de orientación queremos aportarvos uns recursos que nos parecen de interese para algúns dos vosos fillos. Trátase, por unha banda, dun caderno con actividades que desenvolven algúns dos procesos cognitivos básicos, e por outra, dun enlace que vos levará a algúns pictocontos para os momentos de lecer.

 

ALGUNHAS COUSAS DE INTERESE

Bo día

Xa chegamos ao venres, queda un día menos para volver a vernos. 

Deixámosvos uns materiais que compartiron no portal de ARASSAC para poder explicar ao noso alumnado o que está pasando. 

Unha aperta e moito ánimo, tanto para o alumnado como para as familias, que son os nosos heroes neste momento.

AXENDAS E SECUENCIAS

Bo día familias, hoxe quería aportarvos unhas ideas para que organicedes as actividades diarias cos vosos nenos e nenas. Agardo que vos sexa de utilidade. Quería enviarvos tamén unha aperta virtual e todo o meu apoio. Entre todos podemos saír desta situación!. Ánimo!

RECURSOS PARA A CASA

Estimadas familias

Tendo en conta a situación extraordinaria que nos toca vivir, ocórresenos dende o departamento de orientación, subir un par de ficheiros con frases en pictogramas. Estas imaxes poden axudar ao alumnado do noso centro a comprender mellor a situación. Ademais propomos tamén en pictogramas unha serie de opcións para que os nenos e nenas poidan elixir o que lles apeteza facer en cada momento. 

Distribuir contido


by Dr. Radut