Skip to Content

SECUENCIA CONTROL DE ESFÍNTERES

Bo día,

Agardo que todos sigades ben, con moito ánimo e moita enerxía.

Como complemento á entrada sobre o control de esfínteres, déixovos a secuencia completa en pictogramas elaborada con Araword.

Podedes utilizar a secuencia completa, sinalando e indicándolle ao neno o que ten que facer en cada paso con frases curtas e o xesto (xesto de baixar a roupa, de sentarse, de tirar da cadea), ou coller cada pictograma por separado (para non distraer a atención con tanto estímulo) isto vai depender da fase na que nos atopemos. Canto mais lles facilitemos a labor aos nenos moito mellor. Ao principio igual a estes apoios hai que acompañalos de axuda física (facer os movementos collendo e guiando as mans do neno) como guía para interiorizar a secuencia.

Moito ánimo familias, unha aperta

Chus

AdxuntoTamaño
CONTROL DE ESFÍNTERES.pdf413.79 KB
CONTROL DE ESFÍNTERES - NENA.pdf383.26 KB


blog | by Dr. Radut