Gallego

X Premio de Poesía Carme Villaverde

O IES Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro, convoca a décima edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.

Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2022.

O prazo de presentación remata o 6 de maio de 2022 ás 14:00 horas

Máis información

Gallego
X Premio poesía

Concurso fotografía Portavoz Europa

Portavoz Europa é un proxecto educativo e cultural a través dun concurso de fotografía que ten como obxectivo promover o plurilingüismo e a diversidade cultural dando voz aos mozos europeos de España, Italia, Portugal e República Checa.

O alumnado reflexionará sobre a construción de Europa, baseado no intercambio de experiencias e de referencias comúns. Como construír unha sociedade a escala europea? Como compartir os valores europeos que nos permiten vivir xuntos? O diálogo intercultural a través dos idiomas e a fotografía en particular, permite un mellor coñecemento do outro e participa plenamente na creación do espazo europeo de Educación e da cidadanía.  
Poderá participar calquera alumno/a de francés de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e grao medio, teniendo en cuenta que o concurso galardoará de modo especial a mellor expresión artística sobre o tema: Construír Europa?. A datas de participación son entre o 4 de abril e o 9 de maio.

Os participantes ao concurso presentarán unha única fotografía, realizada cun teléfono móbil e que non sexa un selfie. Cada alumno enviará a súa fotografía acompañada por un pé de foto en 5 idiomas (incluíndo o francés) para valorar o plurilingüismo, os idiomas que se aprenden na aula pero tamén os da familia.

Todos os proxectos estarán colgados en liña e estarán accesibles ao público durante todo o certame.
As mellores fotos exhibiranse nunha exposición itinerante. Outorgaranse premios ás producións máis logradas e orixinais: libro, teléfonos móbiles, unha estancia lingüística.

Toda a información e as bases do concurso están dispoñible aqui https://concursoportavoz.org/

Gallego
Concurso fotografía Portavoz Europa

Guía de orientación académica e profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia vén de actualizar a súa "Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intectual", un documento no que aquelas persoas que o desexen poderán atopar información moi útil sobre as diferentes opcións existentes en Galicia en relación a estes dous eidos.

https://downgalicia.org/wp-content/uploads/2022/03/Guia-orientacion-2022_gal.pdf

Gallego
Federación Down Galicia

Narrativas dixitais e educación para o cambio social

Curso de formación dirixido ao profesorado de centros sostidos con fondos públicos, (en especial dirixido a profesorado da ESO e do Bachalerato) así como aquel con destino nos servizos técnicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A súa celebración terá lugar o sábado 23 de abril de 2022.

Inscrición e contacto

participacion@agareso.org

Gallego
Agareso

Tema: 

Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia

 ARELAS presenta o programa  "Sí, Somos: Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia".
"Sí, Somos", tratará de dar resposta de maneira integral e con perspectiva interseccional as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de menores LGTBI+ de Galicia que poden estar sufrindo situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social. Tamén será un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que desexan información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas crianzas e xóvenes. 

Entre os obxectivos do programa están

- Procurar información, acompañamento e asesoramento sobre orientación e/ou identidade sexual á mocidade LGTBI+ de Galicia, as súas familias e sociedade en xeral.

- Realizar un seguemento e intervención especializada desde diferentes áreas de atención (persoal, social, psico-sexolóxica e xurídica-legal) da mocidade LGTBI+ e familias. 

- Detectar casos de discriminación directa ou indirecta das persoas por razón da súa orientación e/ou identidade sexual en todos os ámbitos da vida e para actuar nos devanditos casos.

- Ofertar formación e actuacións de sensibilización sobre as persoas LGTBI+ e contra a LGTBIfobia a profesionais e a toda a cidadanía en xeral, poñendo o acento nas administracións, recursos e centros educativos do rural de toda Galicia. 

Neste programa tamén se oferta un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos.
Contacto
Gallego
 Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia

Premio UNESCO para a Educación de Nenas e Mujeres 2022

Convocatoria financiada pola República de China cun total de 50.000$, con obxecto de premiar os proxectos tanto de particulares, como de institucións ou organizacións, que veñan promovendo, de maneira destacada, fomentar a educación de nenas e mulleres, polo menos dous anos atrás á data de finalización de presentación de candidaturas, 16 de maio de 2022.

Cada Estado Membro da UNESCO pode propoñer un máximo de tres candidaturas, presentándoas a través da súa Delegación Permanente en colaboración coa súa respectiva Comisión Nacional. Tamén poderán presentar candidaturas as ONG en relación especial coa UNESCO.

Ditas candidaturas só se terán en conta se o proxecto está centrado claramente no avance da educación das nenas e as mulleres, e na promoción da igualdade de xénero a través da educación, contribuíndo nunha ou máis das cinco áreas prioritarias do premio:

  1. Participación_Apoiar ás nenas para que pasen da educación primaria ao primeiro ciclo de secundaria e para que completen a educación básica completa.
  2. Alfabetización_Apoiar ás adolescentes e ás mulleres novas para que adquiran coñecementos de alfabetización.
  3. Contorna_Apoiar na creación dunha contorna de ensino-aprendizaxe segura e con perspectiva de xénero.
  4. Profesores_Comprometer ao profesorado para que sexa axente de cambio con actitudes e prácticas pedagóxicas que teñan en conta as cuestións de xénero.
  5. Habilidades_Apoiar ás nenas e as mulleres para que adquiran coñecementos/habilidades para a vida e o traballo.

Nota importante: O formulario debe cubrirse en inglés ou francés exclusivamente na plataforma online.

Esta información poden atopala nas seguintes ligazóns:

 http://on.unesco.org/gweprize   inglés

http://on.unesco.org/gweprix     francés

 

Gallego
UNESCO

Información prazas de profesorado no programa de seccións bilingües de español en Europa central, oriental e China

O vindeiro mércores 30 de marzo ás 18:30 horas emitirase na canle Twitch da Unidade de Acción Educativa Exterior (UAEE) do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) unha sesión informativa sobre a próxima convocatoria de prazas de profesorado no programa de seccións bilingües de español en Europa central, oriental e China. Para a convocatoria do curso escolar 2022-23 ofreceranse un máximo de 133 prazas en Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia.

Para o profesorado participante esta experiencia ofrece a oportunidade de exercer a docencia en países cun medio cultural e educativo diferente, co que iso conleva de desenvolvemento profesional e persoal; factores que, sen dúbida, incidirán na mellora da calidade do ensino nos centros españois aos que se incorporen tras esta experiencia.

Gallego
Información plazas de profesorado en el programa de secciones bilingües de español en Europa central, oriental y China

Tema: 

Programa ConCiencia

O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, segue a consolidar o seu prestixio e a súa condición de referente na proxección pública da ciencia, circunstancia sinalada por varios participantes de edicións anteriores.

Este ano recibe ao Premio Nobel de Química 2021, David MacMillan, coa conferencia: "A química como pasaporte ao mundo: o camiño dende Bellshill, Escocia, ata as marabillas da invención e o descubrimento".

A conferencia terá lugar no Auditorio ABANCA, o vindeiro mércores 30 de marzo de 2022, ás 19.30 h con entrada de balde ata compretar aforo.

Gallego
Conciencia

Tema: 

9ª Convocatoria Bolsas Eurolingua

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 9ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está bolseiro ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade en función de idade e destino.
  • A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán do 24 Julio ao 7 de Agosto (pendente de revisión). En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero gestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA

Ata as 23.59 horas do 13 de abril de 2022 aínda que se recomenda non esperar aos últimos días para poder completar o apartado de méritos.

  • Para comprobar requisitos pica aquí.
  • Para solicitar a bolsa Eurolingua, pica aquí.
Gallego
9ª Convocatoria Becas Eurolingua

A física do IGFAE volve ás aulas galegas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) pon de novo en marcha o seu ciclo de charlas divulgativas para centros educativos de Galicia sobre diferentes temas nos que investigan no seu centro.

O ano pasado achegáronse a máis de 50 centros e 1.000 estudantes, que  tiveron a oportunidade de coñecer a investigadoras e a investigadores que traballan nos experimentos e colaboracións internacionais máis punteiros da física.

Queres que o teu alumnado aprenda sobre buracos negros, cosmoloxía ou ondas gravitacionais? Ou quizais che interesan a materia escura, a física nuclear ou os escurridizos neutrinos?

Este ano estrean charlas para descubrir de forma amena e accesíbel os temas máis actuais aos que se adican no IGFAE.

Ligazón para coñecer a oferta de temas e o formulario para solicitar as charlas: https://igfae.usc.es/igfae/gl/divulgacion/charlas-divulgativas/

 

Gallego
IGFAE

Tema: