Título node Learning object

Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia
Ven, 01/04/2022 - 14:00
 Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia
 ARELAS presenta o programa  "Sí, Somos: Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia".
"Sí, Somos", tratará de dar resposta de maneira integral e con perspectiva interseccional as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de menores LGTBI+ de Galicia que poden estar sufrindo situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social. Tamén será un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que desexan información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas crianzas e xóvenes. 

Entre os obxectivos do programa están

- Procurar información, acompañamento e asesoramento sobre orientación e/ou identidade sexual á mocidade LGTBI+ de Galicia, as súas familias e sociedade en xeral.

- Realizar un seguemento e intervención especializada desde diferentes áreas de atención (persoal, social, psico-sexolóxica e xurídica-legal) da mocidade LGTBI+ e familias. 

- Detectar casos de discriminación directa ou indirecta das persoas por razón da súa orientación e/ou identidade sexual en todos os ámbitos da vida e para actuar nos devanditos casos.

- Ofertar formación e actuacións de sensibilización sobre as persoas LGTBI+ e contra a LGTBIfobia a profesionais e a toda a cidadanía en xeral, poñendo o acento nas administracións, recursos e centros educativos do rural de toda Galicia. 

Neste programa tamén se oferta un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos.
Contacto

Menús Learning object node R