Título node Learning object

A física do IGFAE volve ás aulas galegas
Ven, 25/03/2022 - 14:23
IGFAE

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) pon de novo en marcha o seu ciclo de charlas divulgativas para centros educativos de Galicia sobre diferentes temas nos que investigan no seu centro.

O ano pasado achegáronse a máis de 50 centros e 1.000 estudantes, que  tiveron a oportunidade de coñecer a investigadoras e a investigadores que traballan nos experimentos e colaboracións internacionais máis punteiros da física.

Queres que o teu alumnado aprenda sobre buracos negros, cosmoloxía ou ondas gravitacionais? Ou quizais che interesan a materia escura, a física nuclear ou os escurridizos neutrinos?

Este ano estrean charlas para descubrir de forma amena e accesíbel os temas máis actuais aos que se adican no IGFAE.

Ligazón para coñecer a oferta de temas e o formulario para solicitar as charlas: https://igfae.usc.es/igfae/gl/divulgacion/charlas-divulgativas/