Gallego

Exposición "Se acabó el divagar. 80 anos da publicación de La familia de Pascual Duarte"

O pasado 19 de outubro inaugurouse na sede da Fundación Camilo José Cela a exposición "Se acabó el divagar. 80 anos da publicación de La familia de Pascual Duarte", que fai un percorrido pola xénese da primeira novela de Camilo José Cela.

Publicada en decembro de 1942, La familia de Pascual Duarte supuxo unha apertura no estancado panorama literario da España da posguerra. A exposición, que se pode visitar en Iria Flavia, recolle desde o manuscrito da novela ata as cartas da censura (que secuestrou a segunda edición), pasando pola edición en galego feita por Vicente Risco e prologada por Ramón Otero Pedrayo. Así mesmo, móstrase o escritorio no que Cela redactou a obra dende a súa oficina no Sindicato Nacional Textil onde traballaba.

Completan a mostra outros manuscritos, fotografías e obras pictóricas de autores da talla de Antonio Mingote ou Rafael Zabaleta. Sen esquecer a película "Pascual Duarte" do director Ricardo Franco, coa que o seu protagonista, o actor e académico José Luis Gómez, recibiu o premio á interpretación masculina no Festival de Cannes de 1976.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro de 2023, en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h.

Gallego
Exposición

Actividades do Instituto da Lingua Galega da USC

O Instituto da Lingua Galega organiza xunto ao Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro as seguintes xornadas de formación na Facultade de Filoloxía da USC:

I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, o vindeiro 14 de novembro. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de novembro a través ligazón que acompaña o título desta xornada.

Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias, o 18 e 19 de novembro. Esta actividade forma parte da oferta formativa do CAFI para o curso académico 2022/202. O profesorado que desexe asistir ao simposio terá que efectuar a inscrición, ata o 31 de outubro, a través da ligazón www.edu.xunta.es/fprofe (código do curso G2202025). O resto de asistentes poderá formalizar a inscrición cubrindo o formulario que se atopa nesta ligazón ata o día 12 de novembro.

 

Gallego

Exposición “Pánico no museo” na Fundación Eugenio Granell

A Fundación Eugenio Granell convida á inauguración da exposición “Pánico no museo. María Meijide” dentro do proxecto de “Artista en residencia” deste ano 2022.

A exposición inaugúrase o vindeiro mércores 26 de outubro ás 19.00h nas salas 4 e 5 da primeira planta.

Gallego
Tarxeta exposición

Ampliación de prazo: Concurso "Que é un rei para ti?"

A Fundación Institucional Española -FIES- co patrocinio da Fundación Orange, convoca o 42º concurso "Que é un rei para ti?" dirixido a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, de 1º e 2º da ESO e de Educación Especial.

Prazo de entrega:

Do 1 de outubro ao 16 de xaneiro de 2022.

Pódense consultar as bases no seguinte documento:

 

Gallego
Imaxe concurso

File: 

Día da Biblioteca Escolar: 24 de outubro de 2022

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar o vindeiro 24 de outubro, a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración con ANELE (Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensinanza), achega unha serie de recomendacións de libros, revistas, artigos e páxinas web. Deste xeito, trátase de apoiar e dar a coñecer o importante e necesario labor da Biblioteca Escolar no actual sistema educativo.

 

Gallego
Cartel Día da Biblioteca Escolar

Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación

A Fundación Endesa convoca por sétimo ano consecutivo os premios á ecoinnovación no ámbito educativo.

Toda a información e as bases do concurso poden ser consultadas no arquivo anexo e mais a través da seguinte ligazón: www.fundacionendesa.org.

 

 

Gallego
Imaxe premios Fundación Endesa

Fundación INGADA: material de axuda para persoas con TDAH

A Fundación INGADA co apoio da Xunta de Galicia vén de publicar material diverso de descarga gratuíta que pode resultar de axuda ao profesorado, familias e alumnado:

- Guía de apoio ao estudo.

- Guía de asesoramento familiar.

- Guía de uso responsable de novas tecnoloxías.

- Como convivir con TDAH?

- O alumnado con TDAH na universidade. Guía de boas prácticas.

- Grupos de axuda mutua.

- Planificador.

Nos seguintes enlaces figuran os códigos QR de decarga:

 

Gallego

Cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio”

O Programa de Formación e Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza os cursos “Matemáticas con Maxima no Ensino Medio” e “Estatística con R no Ensino Medio” dirixidos ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas.

Estas actividades teñen solicitada a homologación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación permanente do profesorado.

A duración de cada curso é de 21 horas (15 presenciais e 6 non presenciais).

Toda a información relativa á inscrición, datas de celebración das diferentes sesións e temática pode consultarse a través das seguintes ligazóns:

 

Curso Maxima: https://sites.google.com/view/curso-maxima-em/inicio

Curso R: https://sites.google.com/view/curso-r-em/inicio

 

O prazo de inscrición vai do 10 de outubro ao 10 de decembro de 2022.

Gallego

VI Xornadas "Ti tamén formas parte do TDAH"

Con motivo do mes europeo do TDAH, que cada ano se celebra en outubro, as asociacións de persoas afectadas por este trastorno, así como polas diferentes comorbilidades asociadas, realizan unha serie de actos formativos e informativos co obxectivo de sensibilizar a sociedade e darlle visibilidade a esta alteración.

A Asociación TDAH Salnés organiza un ano máis unha actividade formativa na que se tocarán diferentes temas en resposta ás cuestións expostas por familias e docentes.

Esta actividade terá lugar o sábado 29 de outubro ao longo de todo o día e o programa pode consultarse no documento anexo.

 

Gallego
Cartel xornadas TDAH

Actividades educativas do Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia e o Centro Arqueolóxico do Areal Salinae presentan a oferta de actividades educativas para este curso académico 2022-2023, dirixidas a escolares dende 2º ciclo de Educación Infantil ata Bacharelato, en grupos de máximo 50 participantes.

Todas as actividades son gratuítas e poden consultarse no arquivo anexo.

Contacto para información e reservas no 986247750 ou en info.museodomar@xunta.gal, de martes a venres de 10:00 a 14:00.

Gallego