Skip to main content

Acerca da segunda avaliación

Prezadas familias e alumnado,

Segundo as instrucións recibidas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ao longo da presente semana procederemos á realización da segunda avaliación.

O venres, 3 de abril, ás 15:00 horas, publicaranse as cualificacións, a través da aplicación AbalarMóbil. En caso de que as familias ou o alumnado non dispoña deste medio, as persoas titoras achegaranas mediante correo electrónico.

Lembramos que o confinamento pola pandemia do coronavirus está prorrogado ata o vindeiro 12 de abril.

O centro atenderá á comunidade educativa, preferentemente, a través do correo electrónico.

Desexamos o mellor para toda a comunidade educativa, moita saúde e ánimo.

A dirección