Skip to main content

Obradoiro de primerios auxilios

Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios

Os días 24 de abril e 8 de maio de 2018 desenvolvéronse no noso centro os obradoiros de primeiros auxilios.

En concreto, o día 24 de abril participou na actividade o alumnado de 1º curso dos ciclos de ASIR, DAM, SMR, EIB, PCC, e EB do réxime ordinario matriculado no módulo de Formación e orientación laboral en horario de mañá, mentres que o día 8 de maio en horario de tarde o alumnado participante foi o do réxime de persoas adultas: alumnado matriculado no módulo de Formación e Orientación laboral de todos os ciclos, o alumnado do módulo Imaxe corporal e hábitos saúdables e do módulo Procesos fisiolóxicos da familia profesional de Imaxe persoal, así como o alumnado de 2º curso dos ciclos de formación profesional básica.

O obradoiro foi impartido por Carlos Vales (@carlosvales), responsable do programa Síntome Ben do concello de Vigo e coordinador dos Servizos de Salvamento e Socorrismo nas praias de Vigo.

Ademáis, o día 8 de maio contamos coa asistencia de Abel Caballero Álvarez, alcalde do concello de Vigo, quen dirixiuse ós participantes clausurando o programa municipal.

Este obradoiro foi organizado polo departamento de Formación e orientación laboral.

 

Galería de imaxes do evento

Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios Alumnado no obradoiro de primeiros auxilios
 

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License