Skip to main content

Procedemento de admisión de alumnado 2020/2021 (ESO e BACHARELATO): Ampliación do prazo de presentación de solicitudes de admisión

Segundo as instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións do centros educativos non universitario:

  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
  • Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Con todo, queda modificado o prazo sinalado no documento publicado nesta web con data 28.02.2020: Procedemento de admisión de alumnado 2020/2021 (ESO e BACHARELATO) Información ao alumnado e ás familias (Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013)