Skip to main content

Ledicia Costas

Lecicia Costas

O pasado xoves 7 de abril achegóuse ao noso centro Ledicia Costas.

Falou do seu oficio de escritora e das súas obras , especialmente de Escarlatina, a cociñeira defunta novela pola que obtivo o Premio Nacional de Literatura no ano 2015 ; O corazón de Xúpiter  e Un animal chamado néboa.  Obras lidas polo alumnado de ESO e bacharelato. 

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.[1]

Información extraída de: Colaboradores de Galipedia, 'Ledicia Costas', Galipedia, a Wikipedia en galego, 25 de abril de 2016, 08:01 UTC, <https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ledicia_Costas&oldid=3910827> [consultado o 27 de abril de 2016]

Imaxe: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB) [CC BY-SA 3.0], via Wikimedia Commons

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta página usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License