A Biblioteca do IES de Teis, co propósito de fomentar a creatividade e o interese pola actividade literaria nas linguas extranxeiras (francés e inglés), convoca o
1º CONCURSO DE MICRORRELATOS
BASES DO CONCURSO
- O concurso lanza dúas categorías:
- Microrrelatos escritos en lingua francesa.
- Microrrelatos escritos en lingua inglesa.
- As obras deberán estar escritas na lingua seleccionada e ter un máximo de 100 palabras entre as que deben aparecer de forma obligatoria : “móbil” (mobile-portable) , “salto” (jump- sunt) e “soño” (dream-rêve).
- A temática do microrrelato, será libre, sempre que se cumpra o dito no punto 2.
- O prazo para presentarse ó concurso remata o 15 de Abril de 2018.
- As obras serán orixinais, inéditas, non premiadas anteriormente en ningún outro concurso, nin suxeitas a compromiso de edición.
-
Os traballos presentaranse, preferiblemente, na biblioteca ou a través de correo electrónico (acobo@edu.xunta.es).
* Se se envía por correo electrónico, no asunto especificarase: Certamen de microrrelatos e acompañarase nun arquivo adxunto (en formato.pdf).
* Se o traballo se entrega na Biblioteca, presentarase nun sobre no que aparezca o título do microrrelato.
- Os premios fallaranse o 15 de Maio de 2018.
- Os traballos premiados serán publicados na web do centro na sección da Biblioteca . En ningún caso, se cederán a terceiros, salvo autorización expresa do autor.
- Os participantes serán alumnos actuais do Ies de Teis e garantizarán que son os lexítimos autores dos microrrelatos presentados.
- De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos proporcionados polos participantes formarán parte dun ficheiro que ten coma única finalidade a xestión da participación nesta convocatoria.
- Os organizadores comprometense a indicar o nome do autor nas súas reproducions.
- O fallo do xurado será inapelable, e poderase declarar deserto se os membros o consideran oportuno.
- Concederanse dous premios en cada unha das categorías que consistirán: nun diploma acreditativo do mesmo e nun libro , a elexir polo/la gañador/ra, que terá un importe máximo de 30 euros.