O mércores 7 de xuño contamos coa visita do inspector de policía de Vigo encargado de dar as charlas educativas acerca dos riscos da rede Internet.
Dentro das actividades do Plan Director para a convivencia nos centros, o departamento de orientación xunto cos titores de 2º ESO organizou dita charla, impartida para os dous grupos deste nivel no salón de actos do IES.
Foi moi interesante e coñecimos de primeira man que se debe e non se debe facer cando empregamos dita rede
Deixámosvos coas fotos do evento
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License