TÍTULO: “HOW TO ELABORATE A SPA PRESENTATION”
DESCRIPCIÓN:
O alumnado do CS Estética e Benestar ten, entre as posibles tarefas na súa actividade profesional nun centro wellness (balneario, centro de talasoterapia ou spa), a elaboración dunha presentación do establecemento en inglés.
As dúas finalidades desta unidade son darlle o alumnado pautas para elaborar a referida presentación e mesmo expoñela ante o público.
Co apoio de Alexandre, asistente de linguas, realizáronse varias sesións lectivas nas que se desenvolveron todos os aspectos que se deben ter en conta á hora facer a presentación, e levaron a cabo sesións prácticas de exposición do seu traballo individual. Cada alumna elixiu un centro diferente, sexa nacional ou estranxeiro, describindo como chegar, as instalacións, técnicas e tratamentos, así como actividades complementarias e outras informacións relevantes.
O obxectivo desta unidade é axudarlles a desenvolver os aspectos importantes cara a elaboración e exposición dunha presentación, reforzando as habilidades lingüísticas e practicando en situacións reais a través da simulación na aula.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
II PROPOSTA DIDAC XUNTA 2017_18_IES DE TEIS.pdf | 521.52 KB |
III PROJECT ASSESMENT.pdf | 334.07 KB |
IV How to elaborate a Spa presentation corrected_IES DE TEIS.pptx | 288.16 KB |
V Twin Farms Spa Vermont_Sample_IES de TEIS.pptm_.zip | 5.85 MB |