Skip to Content

Convocatorias

Tendais comunitarios: os coidados ó clareo

O Concello de Soutomaior pon en marcha a INICIATIVA: TENDAIS COMUNITARIOS: os coidados ó clareo dirixida a todas as idades co fin de dar visibilidade ós coidados como a forma máis produtiva de dar e manter a vida; mediante a manifestación creativa e afectiva da corresponsabilización da comunidade.

Neste tempos de confinamento no que o Coronavirus ocúpao todo dun xeito transversal  e universal  cómpre pararnos a pensar e reflexionar, pois é certo que ten limitados os nosos movementos físicos pero tamén é certo que non pode parar a nosa capacidade de viaxar polo noso universo interior. Nin tampouco pode limitar a nosa capacidade de compartir e  expandir ese universo ao resto da comunidade para axudar e axudarnos mediante a nosa experiencias e aprendizaxes. 

Botádelle unha ollada a esta proposta!

Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19:

  • Para quen? Para persoas mozas de entre 16 e 35 anos.
  • Que se oferta?
    • Voluntariado: cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.
    • Xuventude: 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.
  • Cando se fai a inscrición? Do mércores 8 ao luns 13 de abril.
  • Como se fai a inscrición? Haberá dispoñible un formulario na páxina web de Voluntariado

Encontros virtuais da USC: 6, 7 e 8 de abril

Queres máis información da Universidade de Santiago de Compostela, ou dalgún Grao en particular? Participa só, en familia ou cos teus compañeiros/as de clase, nos Encontros Virtuais da USC, durante os días  6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa).

A páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais   

A través dun enlace poderás interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación do teu interese para aclarar dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

Ademais, na web atoparedes:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

Contidos educativos na TVG e a TVE

A Televisión de Galicia (TVG) emite dende hoxe, pola segunda canle, G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanezan pechados atendendo as restricións impostas polo Estado de Alarma.

Así mesmo, tamén RTVE lanza hoxe Aprendemos en casa, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación dende a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coronavirus. Horario:

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo. A Coruña).

Quendas:
16-22 de agosto de 2020. 100 prazas para 3º da ESO
23-29 de agosto de 2020. 100 prazas para 4º da ESO

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores/as legais dos/das menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado no lugar de realización da actividade e os gastos que isto ocasione correrán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

Persoas beneficiarias e requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de ESO no réxime xeral en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario ED504G dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de abril de 2020.

Máis información no DOG do 13 de marzo de 2020 e en www.edu.xunta.es

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

A Xunta convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Están dirixidas a alumnado que estea cursando ESO e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo está aberto dende o 27 de febreiro ata o 26 de marzo (incluído).

Máis información na páxina da Consellería.

Cambio climático e nós. Concurso universitario de vídeos

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o concurso de vídeos “Cambio climático e Nós”, enmarcado no compromiso da USC coa Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable da ONU, “Unha oportunidade coas persoas e o planeta”. Os seus obxectivos son:

  • Conectar a USC coas novas xeracións, sensibilizadas con cambio climático.
  • Reflexionar sobre este fenómeno, as súas causas e consecuencias.
  • Dotar a mocidade de coñecemento, habilidades e motivación para comprender e abordar os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030.
  • Fomentar a busca científica de alternativas e solucións, a eliminación de hábitos contaminantes e a investigación de fontes de enerxía menos contaminantes.
  • Atraer a participación do alumnado na actividade científica, usando a lingua galega de xeito natural e con formatos audiovisuais atractivos.

Poden participar no concurso o alumnado de ESO, bacharelato e FP, así como membros das comunidades universitarias da UdC, USC e UVigo. Deberán presentar un vídeo en galego dun máximo de 2 minutos sobre o cambio climático ata o día 24 de abril de 2020. Hai dous premios por valor de 500 euros e outros dous por 250 euros.

As bases pódense consultar aquí.

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellería de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia.

A mostra poderase visitar de maneira totalmente gratuíta desde mañá ata o próximo 26 de febreiro no horario habitual do Multiusos de Arcade. A mostra recolle a través de 13 paneis as contribucións feitas á ciencia e a tecnoloxía por mulleres galegas que foron galardoadas co premio María Josefa Wonengurguer Planells, un premio que a Xunta de Galicia outorga desde o ano 2007 a través da unidade de Muller e Ciencia.

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo. Recibiu unha das primeiras bolsas Fullbright coa que estudou na americana universidade de Yale. As súas investigacións centráronse na teoría de grupos e os alxebras de Lie.

I Concurso de Sobremesas de Entroido

Foto tomada do FB da Casa do Muiñeiro (Meira - Lugo)

BASES

1. A participación pode ser individual ou en equipo, cun máximo de dúas sobremesas por persoa/equipo participante.

2. Elaboraranse sobremesas e larpeiradas típicas de entroido: filloas, orellas, chulas. bicas...

3. Debedes anotarvos antes do mércores 19 (incluído) información en Vicedirección.

4. Os postres beben colocarse nun soporte (bandexa, cesta, caixa…) adornado con motivos propios destas festas.

5. Incluirase tamén a receita das sobremesas, impresa e redactada en galego, ademais dunha fotografía na que se vexa cociñando as persoas participantes no momento da elaboración. Tanto a fotografía como a receita irán dentro dunha funda de plástico e poderase imprimir no centro.

6. Hai que presentalas o venres 21 de febreiro a primeira hora para seren expostas durante o recreo e seren sometidas á valoración do xurado, composto por alumnado e profesorado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

7. Valorarase a calidade das sobremesas, a presentación das receitas e a orixinalidade da decoración.

8. O premio consistirá en 3 vales (de 15€, 10€ e 5€) para consumir na cafetería do centro.

IIIº Concurso de Microrrelatos

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a IIIª edición do Certame de Microrrelatos co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.

Hai unha categoría para mozos e mozas de 11 a 17 anos. Máis información sobre o concurso aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut