Skip to Content

Blogue de admin

Mellores expedientes curso 2023/24

O IES de Soutomaior non pode despedirse deste curso 2023-2024 sen facer unha mención e agradecendo o esforzo aos mellores expedientes académicos daqueles alumnos e alumnas que acadaron unha media de todas as súas materias a finais de curso igual ou superior a 9.

Unha mención aínda máis especial se cabe, merece o alumnado que recibiu unha Matrícula de Honra (MH). Esperamos que agora disfrutedes dun merecido descanso desconectando un pouco de cara o curso que ven. Parabéns.

1o ESO

2o ESO

3o ESO

  • Lola Agulla Rodríguez
  • Noa Gutiérrez Fraguas
  • Zoe Pérez Pérez
  • Luján Crespo Gámez
  • María Uxía Granja García
  • Blanca Otero Valladares
  • Valeria Búa Ruibal
  • Diego Parada Conde
  • Artai Rivas Barreiro
  • Daniela García García
  • Aroa García Conde
  • Vega Gómez Álvarez

 

  •  Juan Canosa Álvarez
  • Sabela Cernadas Soliño
  • Ángela O´neill Barreiro
  • Lucía Cima Orge
  • Lola Álvarez Arza
  • Ana Castro Lemos
  • Judith Duarte Raña

 

4o ESO

1o Bacharelato

2o Bacharelato

 

  • Mateo Fernández Carro
  • Rosalía Narciso Cancela
  • Rania Rhnim
  • José Fernández Reguera

 

  • Yiwei Jin
  • Anxo Muiños Seoane
  • Zaira Pazos González
  • Rocío Santoro Orge
  • Dafne Teixeira Criado

 

 

  • Lucía Castrillo Sánchez
  • Samuel López Lorenzo
  • Sabela Magariños Pereira

Obxectos perdidos curso 2023/24

Outro curso máis o IES de Soutomaior fai recopilación dos obxectos que o alumnado deixou no centro.

Para poder consultar e acceder á galería hai que premer no seguinte debuxo. Se recoñecen algún dos obxectos poden reclamalo vindo ao centro na primeira quincena de xullo.

 

Objetos perdidos · Oberena

Exposición no IES de Soutomaior: "Vai de Viño"

Dentro das actividades levadas a cabo este ano no centro, cómpre sinalar a levada a cabo polo Departamento de Debuxo que contou coa participación de alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO.

Os estudantes implicados, puderon visitar bodegas da contorna. Así coñeceron de primeira man as características do seu traballo e todos os procesos necesarios para a producción do viño.

Un dos obxectivos do proxecto era facer fotografías destas visitas e das bodegas para, posteriormente, expoñelas no centro. O xoves 20 de xuño tivo lugar o acto onde se inauguró a exposición que estará no IES de Soutomaior ata o 7 de xullo e mudarase posteriormente á biblioteca de Arcade.

Dende o centro queremos agradecer o traballo ás impulsoras deste Plan Proxecta: Ana Aguiar e Beatriz Díaz. Tamén agradecer ao alumnado participante o seu esforzo e traballo.

Pódense visualizar máis imaxes do acto e da exposición na galería da páxina web do centro.

Concerto de fin de curso no IES de Soutomaior

Despois dun curso agotador chegou o momento de festexar a finalización do curso 2023/24.

O venres 21 de xuño despois do recreo, o alumnado e profesorado baixaron ao ximnasio a disfrutar das actuacións preparadas polo alumnado participante. Estes estiveron ensaiando coa coordinación de Paula Veiga Sertal en recreos e ocos nas últimas semanas do curso.

O espectáculo foi moi variado, e o público quedou abraiado polo nivel das pezas que se representaron. Ao rematar o concerto, o director repartiu os trofeos do torneo de ping pong organizado polo alumnado de 3º da ESO.

Dende o centro queremos agradecer a Paula e Damián a súa implicación na organización do concerto e ao alumnado a súa participación no evento. Sen eles, este tipo de actividades non sería posible.

Hai máis imaxes colgadas na galería da páxina web do centro. Os vídeos grabados das actuacións están gardados en vicedirección.

 

Representación das actividades de Acrosport no IES de Soutomaior

No IES de Soutomaior estamos xa a comezar a nosa especial despedida antes de disfrutar as vacacións de verán.

Para dinamizar o centro nestes últimos días, o Departamento de Educación Física organizou un ano máis as actividades de acrosport, nas que os diferentes grupos da ESO e 1º de Bacharelato mostraron aos seus compañeiros o traballo feito estas últimas semanas.

Sen dúbida o traballo levado a cabo polo alumnado e digno de aplauso. Na galería pódense visualizar as imaxes máis representativas de cada actuación.

 

 

Calendario de probas extraordinarias de 1º de Bacharelato 23/24

Para descargar o PDF do calendario só hai que premer na imaxe.

 

Charla da ADOS no IES de Soutomaior

O venres 14 de xuño o alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO de Bioloxía e 1º de Bacharelato de anatomía tiveron unha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía do IES de Soutomaior.

A ADOS é a Axencia de Doación de Sangue e Órganos do Sergas e xestiona estes recursos tan importantes para dar tratamento a persoas que precisan deles. Debido a que esta doación ten un carácter voluntario e altruista, unha das labores que debe facer esta axencia e a comunicación da importancia deste acto tan xeneroso.

Por esta razón trasladáronse ao centro un doutor experto en trasplantes e unha receptora dun órgano. O doutor aportou á charla os aspectos máis técnicos e a receptora explicou a súa experiencia como enferma, transmitindo como un órgano doado por outra persoa, salvou a súa vida.

Dende o IES queremos agradecer ao Departamento de Bioloxía a organización e ao equipo da ADOS por achegarse a Soutomaior a concienciar aos nosos estudantes da importancia deste xesto.

 

Acto de graduación de 2º de Bacharelato 23/24

O sábado 15 de xuño, o alumnado de 2º de bacharelato acudiu ao Castelo de Soutomaior xunto as súas familias e parte do profesorado do centro para celebrar a graduación deste curso 2023/24.

O público e os homenaxeados congregáronse nun escenario disposto nos xardíns e, as 18:30 comezaron os discursos recordando anécdotas e experiencias dunha etapa que dende agora, xa queda atrás.

Entre os discursos cómpre destacar a intervención do alcalde de Soutomaior que tivo unhas bonitas palabras, non só como cabeza do goberno do Concello senón como docente.

Dende o centro queremos agradecer a axuda do Concello, que nos facilitou o equipo de son e tódalas cadeiras así como do Hotel, que sempre nos bota unha man coa loxística. Tamén queremos agradecer, como non, a Deputación de Pontevedra que nos deran a posibilidade de poder celebrar un acto tan bonito no Castelo de Soutomaior, marco de incomparable beleza e que, sen dúbida, permanecerá no recordo dunha xeración de estudantes aos que desexamos o mellor no seu futuro.

 Pódense consultar as fotos do acto na galería da páxina web.

 

Admisión en ciclos de FP básica para o curso 24/25

Publicáronse as instruccións para a admisión en ciclos de FP básica para o curso 24/25.

O alumnnado de 3º e 4º da ESO poderá presentar a solicitude no centro de orixe (IES de Soutomaior) entre o 24 de xuño e o 4 de xullo (de 9:00 a 14:00h).

A solicitude en formato editable pódese descargar na seguinte ligazón: solicitude FP básica. Tamén está a súa disposición na secretaría do centro.

Campionatos deportivos nos recreos no IES de Soutomaior

Un ano máis, o Departamento de Educación Física do IES de Soutomaior traballou duro para facer que os recreos non sexan únicamente un tempo de desconexión.

Para favorecer hábitos saudables no alumnado e un rato de diversión, aproveitamos os espazos exteriores para organizar varias actividades deportivas: ping pong, volley ball, fútbol e baloncesto.

Os rapaces organizáronse para crear equipos nos diferentes deportes e, unha vez chegou o bo tempo, tiveron lugar os enfrontamentos.

Como novidade este ano tivemos o tenis de mesa aproveitando a que solicitamos á consellería e a que nos cedeu o Concello de Soutomaior. Está a ter unha moi boa acollida entre a rapazada.

                              

Finalmente, o 21 de xuño despois do concerto de fin de curso puidéronse entregar os premios do torneo de ping pong. Noraboa aos gañadores.

Distribuir contido


by Dr. Radut