Skip to Content

Blogue de Economía

ECONOMÍA DE 1º BACHARELATO PENDENTE

O alumnado de 2º de bacharelato coa materia pendente de 1º de bacharelato "Economía", para que poda recuperala, debe facer dous cadernillos e dous exames que se corresponden coas partes de Microeconomía e Macroeconomía cada un deles

Tanto os cadernillos como os exames teñen cuestións teóricas e cuestións prácticas

Os cadernillos teñen que ser entregados na data fixada. Non se recolleran cadernillos fora da data. 

A data límite para entregalo cadernillo de Microeconomía, o primeiro, é o 5 de novembro de 2021

A data para levar a cabo o exame de Microeconomía, o primeiro, imolo fixar nos primeiros días do presente curso, entre o alumnado implicado e a profesora. Unha vez fixada a data publicarase nesta páxina. Ao igual que ocorre coa data dos cadernillos, a data dos exames e inamovible

 As datas do segundo cadernillo e do segundo exame serán fixadas conxuntamente entre o alumnado e a profesora, e publicaranse despois neste páxina

CURSO 2021/2022

O DEPARTAMENTO

 

Composición

 

Trátase dun departamento unipersoal formado pola profesora Mª Carmen Bussieres Valcarce.

 

Materias adscritas ó Departamento de Economía

 

. Materias da Ensinanza Secundaria Obrigatoria, ESO

 

 Materias troncais de opción:

-      

Economía. 4º ESO. Ensinanzas Académicas.

-      

Iniciación á  Actividade Emprendedora e Empresarial. 4º ESO. Ensinanzas Aplicadas.

 

. Materias de Bacharelato da Modalidade de Ciencias Sociais

 

Materias troncais de opción:

-      

Economía. 1º Bacharelato

-      

Economía de la Empresa. 2º Bacharelato

Materia específica:

-      

Fundamentos de Administración e Xestión, FAX

 

No presente curso engádese a oferta do Departamento (e do IES), por primeira vez, a materia específica Fundamentos de Administración e Xestión, FAX, en 2º de bacharelato.

 

Materias impartidas

 O Departamento impartirá:

 

. Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial, IAEE, 4º ESO: 1 grupo,  3 horas semanais

 

. Economía, 4º ESO: 1 grupo, 3 horas semanais.

 

. Economía, 1º Bacharelato, 2 grupos, 4 horas semanais por grupo , 8 horas semanais.

 

. Economía de la Empresa, 2º Bacharelato: 1 grupo , 4 horas semanais.

 

A materia FAX, de 2º de bacharelato, non foi escollida en número suficiente, fixado pola Administración, polos/as alumnos/as, o que indica que non se impartirán neste curso 2021/2022

 

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO ECONOMÍA

Nos seguintes anexos podense consultar tanto a Programación do curso actual como os intrumentos e criterios de avalición das distintas materias que estanse a impartir polo Departamento neste curso

MATERIAS DO DEPARTAMENTO NO SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

As materias do Departamento de Economía que se ofertan en 2º de bacharelato son dúas: Economía da Empresa e FAX.

ECONOMÍA DE EMPRESA (4 horas) é unha materia que está especialmente dirixida a alumnado que ten intención de facer o grao de Economía ou de ADE, ou calquera outro relacionado coa economía ou as empresas: de Publicidade, de Markéting, de Xestión de Pemes..., pero é interesante para o alumnado en xeral. Nela trabállase sobre o mundo da empresa, o papel importante da empresa na economía actual, as clases e formas de empresas, as estratexias empresariais, as decisións de localización e dimensión, a produción, a función comercial, financeira e contable, os recursos humanos na empresa, a dirección, a responsabilidade social corporativa. O apaixonante mundo da empresa dende as súas moitas ópticas. 

FAX (Fundamentos de Administración e Xestión) (3 horas) é unha materia que tamén está dirixida ao alumnado interesado nos graos universitarios anteriores, mais non só vai dirixida á universidade. O mesmo que Economía da Empresa, tamén vai orientado ao alumnado que queira facer un Grao  Superior de Formación Profesional das familias profesionais de Administración, Comercio ou Márketing. Tanto nos graos de F.P. como nos da universidade vanse tratar os temas que se ven nestas materias.

Por outro lado, FAX complementa a materia de Economía da Empresa. Vén ser unha aplicación ainda máis práctica do que xa é E. da Empresa: as características dun emprendedor/empresario; como nace unha empresa, os documentos que hai que presentar e os organismos onde presentalos; de onde saca o diñeiro a empresa; como facer unha factura, que é un cheque, unha letra de cambio; un contrato de traballo, unha nómina, os impostos dun autónomo, o IRPF; como levar a contabilidade...

Tanto se queres facer algún estudo relacionado coa economía ou a empresa, como se ese non é o teu camiño, na túa vida vaste encontrar con moitos dos documentos que vemos nesta materia.

 

 

 

 

 

 

 

 

Finanzas para mortais

O luns 22 de febreiro tivo lugar a derradeira charla impartida polo ponente do Banco de Santander, Juan Carlos Pérez Pazos, do programa "Finanzas para Mortais", ao alumnado de Economía de 4º ESO C.

Nesta ocasión faloulles dos préstamos e os créditos, de como manexar as tarxetas no estranxeiro e do destino que se lles pode dar aos aforros: depósitos, seguros, produtos de renda fixa como as Letras do Tesouro, Bonos e Obrigacións do Estado, e tamén dos produtos de renda variable, como as accións e os Fondos de investimento.

O alumnado participou activamente ao longo da sesión, preguntando as súas dúbidas e facendo as suas achegas. quedando moi satisfeitos tanto eles como o ponente. Ámbolos dous mostraron a súa intención de levar a cabo futuras colaboracións.

O programa encádrase no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende, no que colaboran a Consellería de Educación, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S. A.

A UNIVERSIDADE e A ECONOMÍA

A profesora Pilar Piñeiro García, da Facultade da Economía e a Empresa de a Universidade de Vigo achegouse o IES a impartir duas charlas ao alumnado de Economía de bacharelato de 1º e 2º curso.

As charlas versaron sobre a Economía Circular: alén do reciclaxe e modelos de negocio, nun momento en que estamos a repensar os modos de produción e de consumo. incorporando todas as "erres" posibles

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO COA ECONOMÍA DE 1º BACHARELATO PENDENTE

O alumnado de 2º bacharelato coa materia Economía de 1º bacharelato pendente, para recuperar a materia terá que facer un boletín de exercicios prácticos e, ademais, un exame.

O boletín, que xa foi entregado ao principio do curso aos alumnos, terá que ser entregado o 16 de novembro (data que xa coñecen) e no mes de decembro, farase o exame o día fixado polos alumnos xunto coa profesora.

Non se recollerán boletíns fora de prazo

CURSO 2020/2021

 MEMBROS DO DEPARTAMENTO

O departamento consta dun único membro que fai as veces de xefe de departamento

Mª Carmen Bussieres Valcarce

 

MATERIAS DO DEPARTAMENTO

4º ESO

Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial, IAEE

Economía

 

1º BACHARELATO

Economía

 

2º BACHARELATO

Economía da Empresa

 

No curso actual unha compañeira do Departamento de Matematicas, María Fernández García, imparte a materia de 4º ESO Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial, IAEE

 

 

 PROGRAMACIÓN DO CURSO 2020/2021 do DEPARTAMENTO 

 A Programación das diferentes materias do Departamento aparecen no anexo adxunto

 Tamén podense consultar os criterios de avaliación e cualificación das distintas materias do departamento por separado nos anexos adxuntos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut