Skip to Content

Blogue de Economía

PROGRAMACIÓNS 23_24

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS:

FOPP 4º DA ESO

1º DE BACHARELATO

2º DE BACHARELATO 

4º DA ESO

PROGRAMACIONS

PARABENS AO ALUMNADO DE ECONOMÍA DE 1º DE BACHARELATO

O colofón as actividades foi a participación na I Feira da Ciencia de Soutomaior do alumnado de 1º de bacharelato, con un proxecto de investigación feito dentro e fora das aulas, achegando a contorna ó Centro, e o Centro a contorna: “A situación da muller no mercado laboral na contorna do IES de Soutomaior”.

Aínda que non se  establece a maioría das veces  a relación da Economía coa Ciencia e a investigación, a Economía e unha ciencia na que se investiga coma en calquera outra ciencia. E así o demostraron @s alumn@s facendo este traballo de investigación.

Tal é así que acadaron un dos premios otorgados polo xurado, o Premio Divulga.

PARABENS!!!

ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO

 

 Imos rematando o curso e vai sendo hora de facer reconto das actividades nas que participou o alumnado que cursa materias do Departamento de Economía.

 O alumnado de 4º ESO, tanto de Economía como de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial asistiu, xunto cos seus compañeiros de Bioloxía, as charlas impartidas polo GALP, Grupo de Acción Local Pesqueira de Vigo. Durante o primeiro e o segundo trimestres acercaron o mundo do mar ao IES dende distintos ángulos: a pesca, a extracción, a conservación e a comercialización do peixe; os oficios e as profesións que se poden dar e os estudos que se poden cursar; o respecto o medio; etc.

A maiores, o mesmo alumnado asistiu a unha charla impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, da Universidade de Santiago de Compostela, M. Ramiro Rodríguez, que lles falou da gandería, produción de alimentos, o benestar animal e cambio climático. Charla que tamén tivo lugar no segundo trimestre.

 

 O alumnado de bacharelato tamén asistiu as  charlas “¿Sabemos o impacto ambiental do que comemos?”, sendo a relatora a profesora Mª Jesús Sainz Osés, e “ A situación enerxética galega, un debate necesario para ter futuro”, sendo o profesor Adrián Dios Vicente o relator. Ámbolos dous, profesores na Universidade de Santiago de Compostela, da Facultade de Veterinaria a primeira, e da Facultade de Economía o segundo.

 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Debido os cambios introducidos pola Consellería de Educación faise necesario realizar unha adaptación das Programacións das materias impartidas polos distintos Departamentos. 

No adxunto que acompaña este texto figuran as distintas adaptacións das diversas materias do Departamento

AVISO. ECONOMÍA 1º BACHARELATO PENDENTE

Fixase a data para a realización do exame final de recuperación da materia Economía de 1º de bacharelato pendente, no día 22 de abril de 2022.  Data que, como quedaramos, foi  acordada entre o alumnado de 2º de bacharelato afectado e mais  a profesora.

AVISO PARA O ALUMNADO DE 2º BACH COA MATERIA ECONOMÍA DE 1º BACH PENDENTE

O alumnado que non logrou superar a materia Economía de 1º de bacharelato mediante a realización dos dous exames feitos ata agora, ten outra oportunidade para facelo, mediante a realización dun exame final.

Farase un exame de toda a materia a finais de abril ou principio de maio, dependendo das datas disponibles, e do acordado entre o alumnado e a profesora.

Aquel alumnado que non entregara algún dos boletíns cos exercicios, terá que entregalos no momento de presentarse ao exame final da materia

Estudo de investigación sobre a situación da muller no mundo laboral

O alumnado de 1º de Bacharelato está a facer un estudo sobre a situación da muller no mercado de traballo e vaise centrar nas mulleres que os rodean: avoas, nais, irmás, amigas... Por iso, pide a colaboración destas mulleres da nosa contorna educativa para que cubran a enquisa (totalmente anónima) que elaboraron e que poñen á súa disposición na páxina do IES.

Premendo no seguinte enlace accédese a enquisa: 

Enquisa sobre a situación das mulleres no mercado laboral

A enquisa pódese cubrir ata o día 18 de febreiro; así, daralles tempo a recoller os datos e sacar as súas conclusións.

Por adiantado, danvos as grazas pola vosa colaboración.

ECONOMÍA DE 1º BACHARELATO PENDENTE

O segundo exame para o alumnado de 2º de bacharelato coa materia de Economía de 1º de bacharelato pendente, terá lugar o 4 de marzo de 2022, tal como se acordou entre o alumnado e a profesora. Comprenderá dende o Tema 9 ao Tema 15, ambolos dous incluidos

Acordouse tamén a entrega, a profesora, dos exercicios correspondentes a estes temas para o 14 de febreiro de 2022 (segundo cuadernillo)

 

No arquivo adxunto atopanse os ditos exercicios, ademais de na Aula Virtual do IES

 

FECHA DE EXAMEN ECONOMÍA DE 1º BACH PENDENTE

O primeiro exame a realizar para superala materia de Economía de 1º bacharelato pendente, terá lugar o xoves, 2 de decembro, a 3ª hora, na Aúla de 4º ESO C

Abarca do Tema 1 ao Tema 8, ambolos dous incluidos.

Para acudir ao exame ademais de levar bolígrafo, precisase levar calculadora

Distribuir contido


by Dr. Radut