Skip to Content

MATERIAS DO DEPARTAMENTO NO SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

As materias do Departamento de Economía que se ofertan en 2º de bacharelato son dúas: Economía da Empresa e FAX.

ECONOMÍA DE EMPRESA (4 horas) é unha materia que está especialmente dirixida a alumnado que ten intención de facer o grao de Economía ou de ADE, ou calquera outro relacionado coa economía ou as empresas: de Publicidade, de Markéting, de Xestión de Pemes..., pero é interesante para o alumnado en xeral. Nela trabállase sobre o mundo da empresa, o papel importante da empresa na economía actual, as clases e formas de empresas, as estratexias empresariais, as decisións de localización e dimensión, a produción, a función comercial, financeira e contable, os recursos humanos na empresa, a dirección, a responsabilidade social corporativa. O apaixonante mundo da empresa dende as súas moitas ópticas. 

FAX (Fundamentos de Administración e Xestión) (3 horas) é unha materia que tamén está dirixida ao alumnado interesado nos graos universitarios anteriores, mais non só vai dirixida á universidade. O mesmo que Economía da Empresa, tamén vai orientado ao alumnado que queira facer un Grao  Superior de Formación Profesional das familias profesionais de Administración, Comercio ou Márketing. Tanto nos graos de F.P. como nos da universidade vanse tratar os temas que se ven nestas materias.

Por outro lado, FAX complementa a materia de Economía da Empresa. Vén ser unha aplicación ainda máis práctica do que xa é E. da Empresa: as características dun emprendedor/empresario; como nace unha empresa, os documentos que hai que presentar e os organismos onde presentalos; de onde saca o diñeiro a empresa; como facer unha factura, que é un cheque, unha letra de cambio; un contrato de traballo, unha nómina, os impostos dun autónomo, o IRPF; como levar a contabilidade...

Tanto se queres facer algún estudo relacionado coa economía ou a empresa, como se ese non é o teu camiño, na túa vida vaste encontrar con moitos dos documentos que vemos nesta materia.

 

 

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut