Skip to Content

Avisos

Días non lectivos

Estimadas familias: lembramos que os vindeiros luns 5, martes 6 e xoves 8 de decembro, serán días non lectivos.

Por outra parte, comunicamos tamén que o último día lectivo do ano será o xoves 22, comezando as vacacións de Nadal ao día seguinte, venres 23 de decembro.

Reparto froita fresca e leite (primeiro período)

Hoxe comeza o primeiro período de reparto de froita fresca e leite deste curso. Dende hoxe e ata o venres 2 de decembro repartirase froita fresca nos recreos, que estará dispoñible na entrada do centro. No caso do leite, período de reparto estenderase ata o mércores 21 de decembro.

Convocatoria de eleccións a membros do Consello Escolar 2022

 

Convocadas as eleccións aos membros do Consello Escolar 2022, cos seguintes representantes a renovar:

  • 3 profesoras/es
  • 2 nais/pais/titores legais
  • 2 alumnas/os


Importante:

  1. Os censos de electores/as están publicados no taboleiro da Secretaría do centro desde hoxe. Comproba que figuras na listaxe e, se non fose así ou houbese algún erro, presenta a túa reclamación na Secretaría, do 10 ao 17 de novembro.
  2. Podes presentar a túa candidatura a ser elixida/o cubrindo e entregando o impreso dispoñible na Secretaría, só desde o día 11 ao 18 de novembro.
  3. A xornada de votacións, para todos os sectores, terá lugar o martes 29 de novembro.


Podes consultar toda a información do proceso electoral, na nosa web, premendo aquí (sección Novas, Eleccións 2022).

Animamos a toda a comunidade a participar na elección dos membros deste órgano representativo do centro.

Eleccións Consello Escolar 2022: sorteo membros da xunta electoral

Á comunidade educativa do noso IES:

Corresponde no curso 2022/23 efectuar a renovación dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos. No IES San Paio toca levar a cabo renovación parcial de membros nos seguintes sectores: profesorado, nais/pais e alumnado.

Mediante esta circular, enviada tamén a través de Abalar, comunícase a data e hora do sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral, que serán os responsables de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar do noso IES. O sorteo terá lugar o VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2022, ÁS 12.25 h, na sala de profesorado, e designarase unha persoa titular e outra suplente por cada sector (profesorado, nais/pais, alumnado e persoal non docente). O mesmo día 28 publicaranse os resultados.


Pode consultarse a circular completa de comunicación da data e hora do sorteo, e toda a información do proceso electoral, no taboleiro da Secretaría do centro ou na nosa páxina web (Novas, Eleccións 2022), na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2851

Animamos desde aquí a toda a comunidade educativa a que participe destas eleccións, xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación e constitúe unha boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público.

 

Normas Covid 2022/23

Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 22-23, este ano non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID-19 nas aulas. Porén, ditas instrucións recollen unha serie de recomendacións para o novo curso:

  1. Ventilación de espazos, realizando ventilación cruzada frecuente nas instalacións, sobre todo ao inicio e remate da xornada, durante os recreos e entre clases. 
  2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria, promovendo o lavado de mans regular e recomendando tusir ou esbirrar sobre a cara interior do cóbado ou nun pano.
  3. Uso de máscara, sendo obrigatorio no transporte escolar e recomendable no caso das persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19 ou outra sintomatoloxía respiratoria, e naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade.

As persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-!9 non precisan illamento pero deberán utilizar máscara e manter unha hixiene de mans e respiratoria axeitada e evitar interacionar con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía impide asistir con normalidade ao centro, non se acudirá, como en calquera enfermidade común.

Aviso adiamento do reparto de ordenadores

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA O ALUMNADO DE 1ESO: Por motivos alleos ao centro vémonos na obriga de adiar, ata novo aviso, a entrega de ordenadores e-Dixgal polo que queda cancelado o reparto do martes 5 de setembro.

A nova data comunicarase, á maior brevidade posible, a través de mensaxe ABALAR, na web do centro e nas nosas redes sociais. 

Lamentamos as molestias que este cambio de última hora poida ocasionar.

Inicio do curso 2022/23

 

O curso académico 22-23 comezará o vindeiro xoves 8 de setembro, co horario habitual de 8.45 a 14.25 e con servizo normal de transporte escolar. A primeira hora, o alumnado será recibido polas/os titoras/es dos grupos na pista de terra á dereita do pavillón, se o tempo o permite. En caso contrario, a benvida será no pavillón. Tras esta primeira sesión coa titora, seguirase o horario normal o resto da mañá.

Para saber a qué grupo foi asignado cada alumna/o, as familias deberán consultar a aplicación móbil ABALAR ou as listas que estarán expostas na entrada do centro a partir do luns 5 de setembro.

Recordamos ás familias algunhas datas importantes neste inicio de curso:

·Entrega dos ordenadores e-Dixgal ás familias do alumnado de 1ESO: martes 6 de setembro ás 19.00, na aula soto do edificio.

·Data límite para inscribirse na ANPA: venres 9 de setembro.

·Data límite para solicitar a validación entre as ensinanzas profesionais de música e danza e as materias de ESO e Bacharelato: venres 30 de setembro na secretaría do centro.

Bo inicio de curso 22-23! 

Distribuir contido


by Dr. Radut