Skip to Content

Actividades

TUI LE 2017

O pasado venres 12 de maio, a partir das 9.15, no Teatro Municipal (Edificio Área Panorámica) tivo lugar por oitavo ano consecutivo unha nova edición do "Tui Le" na que o IES SAN PAIO participou, xunto cos outros centros educativos do concello de Tui, cunha adaptación musical do Hallelujah de Leonard Cohen (interpretado polo seguinte alumnado Ruth Montero, Juan Paramos, Helena Pardo, Pablo Rodríguez, as irmás Elsa e Eva Roldán e Claudia Valenzuela) e a dramatización da "Galiña Azul" interpretada por Adrián Ríos de 1ºA -ESO. 
Nesta xornada tamén se intercambiaron de libros (o alumnado que aportoue un libro puido levar outro).

O noso particular Carlos Casares, obra do alumnado e profesora de Educación Plástica

PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE ORIENTACIÓN A PÉ

O pasado sábado 29 de abril tivo lugar no Campus Universitario de Elviña (A Coruña) o Campionato Escolar Galego de Orientación a Pé no que participaron dúas das nosas alumnas de 1º B de ESO: SOFÍA RODRÍGUEZ E NURIA VÁZQUEZ que disfrutaron deste deporte:

Máis información do evento aquí

CLUB MANGA E ANIME TUITAKU en Vigo

O alumnado socio-fundador do Club de Manga e Anime "Tuitaku" do noso instituto participou, o luns 24 de abril, nunha xuntanza no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo con outros clubes de IES de Pontevedra (Paralaia e As Barxas de Moaña; Escolas Proval de Nigrán; Ricardo Mella, Alexandre Bóveda e Álvaro Cunqueiro de Vigo) coa idea de coñecerse e prepararse para a COMICON de Moaña que terá lugar o 12 e 13 de maio.

 Toda a información e programa da Comicon de Moaña (aberta a todo o público o sábado 13) podedes atopala no seguinte ENLACE

Participación dos 1º de ESO no CAMPIONATO ESCOLAR DE ORIENTACIÓN A PÉ

82 alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron (con moi bos tempos) no Campionado Escolar Provincial de Orientación a Pé que tivo lugar na Illa das Esculturas de Pontevedra.

Podedes ver unha pequena entrevista que lle fixo a TV Canal Rías Baixas aos nosos orientadores e orientadoras:

http://www.canalriasbaixas.com/index.php/pontevedra/item/22831-379-estudantes-participaron-no-ix-campionato-escolar-de-orientacion

 

Para ver os Resultados premer aquí: FEGADO

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA - Indicacións

 

 

DATA:

LUNS, 10 de ABRIL

HORARIO:

Saída ás 9.00 e chegada ás 17.50 (toda a xornada)

LUGAR:

Saída do recinto escolar, cruzando a zona histórica de Tui para salientar o seu valor cultural e monumental e, pasando a Ponte Metálica, acceder á Ecopista de Valença. Trataríase de facer un traxecto até Lapela (ou o alto de Nossa Senhora da Cabeça (Bouças), camiño de Monção. 

curso:

Todo o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato

imprescindible

  • autorización para saída de menores ao estranxeiro da Garda Civil ou da Policía Nacional. O prazo para a entrega das autorizacións remata o mércores, 5 de abril
  • levar casco, mochila con merenda e xantar.
  • cumprir as directrices do profesorado acompañante. 

 

Descargar aquí: Modelo de permiso para a saída de menores ao estranxeiro. Garda Civil).

Cómpre cubrir o impreso e selalo na Garda Civil.

En "responsable" poden poñer IES SAN PAIO  e o noso teléfono (886110762). 

DIPLOMA E CERTIFICADO de SAVE THE CHILDREN: Carreira solidaria de Xaneiro

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o DIPLOMA de participación coa Campaña de Save The Children e o certificado dos cartos doados na Actividade KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE.

 

Noraboa!!

Grupo de teatro en inglés na Galiña Azul

Os cativos da Galiza Azul foron un gran público para a 1ª representación do English Drama Club que prepara a nosa auxiliar de conversa Carly Oliver. Estrenáronse con Carapuchiña Vermella introduindo vocabulario en inglés:

POEMAS OCULTOS

A "Blackout Poetry" (Poesía Oculta) chegou ao noso instituto aparecendo no recibidor do centro cos poemas elaborados polo noso alumnado.

 

Visita de estudo a Lisboa 16-17- Axenda

Vista de estudo a Lisboa

 

Descarga esta axenda da Visita de estudo a Lisboa (Curso 16-17) no documento adxunto: 

Distribuir contido


by Dr. Radut