Skip to Content

CANDIDATURAS, CENSOS, SORTEO DA MESA ELECTORAL E MÁIS INFO. ACERCA DAS ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR 2021

Celebrada o mércores 17 de novembro de 2021 a segunda reunión da Xunta Electoral con motivo das eleccións 2021 ao Consello Escolar, publicouse na web do centro:

  • A acta da sesión.
  • As candidaturas proclamadas en cada sector (alumnado, profesorado e PAS).
  • Os censos definitivos de electores.
  • As papeletas de votación para cada sector.
  • O resultado do sorteo público para a mesa electoral do alumnado.
  • E a organización da xornada electoral (día, horarios, lugares).

Todos estes documentos poden consultarse na sección Novas, premendo en Eleccións ao Consello Escolar, ou directamente nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2712

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LEITE E CACAO DE SOS TOMIÑO-BAIXO MIÑO

Dende o martes 16 de novembro ata o venres 03 de decembro estará en marcha no noso instituto a campaña de recollida de leite e cacao organizada por SOS Tomiño-Baixo Miño. Esta asociación asistencial con ámbito de actuación nos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia, organiza esta campaña todos os anos para proporcionar almorzo ás familias máis necesitadas da comarca.

Anímate e colabora deixando nas caixas da entrada a túa aportación! Non desaproveites a oportunidade de axudar aos que temos máis preto!!

CRITERIOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, terán dereito á distribución gratuíta de máscaras:

 

  • As alumnas/os que foron beneficiarias/os do VALE de material escolar neste curso (as recibirán automaticamente, sen necesidade de solicitude).

 

  • Ou alumnas/os que cumpran cunha destas condicións:
    • Familia con renda per cápita inferior ou igual a 6000€.
    • Estar matriculada/o en educación especial.
    • Estar suxeita/o a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.


As solicitudes deben presentarse na Secretaría do centro, no prazo comprendido entre o 15 e o 26 de novembro de 2021, de 9 a 14 horas.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

 

Estimada comunidade educativa do IES San Paio.

Este ano toca renovación de parte do Consello Escolar. A partir de mañá e ata o vindeiro martes 16 de novembro poderán presentarse as candidaturas para os sectores con membros a renovar: profesorado, alumnado e PAS (non hai membros a renovar mediante eleccións no sector de nais, pais e titores legais).

Podedes consultar toda a información (resolución, calendario, circulares, actas da Xunta Electoral, os censos de electores, composición do Consello Escolar a renovar, cartel das eleccións ou o impreso de candidatura) na páxina web do IES, no apartado Novas, sección Eleccións ao Consello Escolar, ou ben directamente na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2712

Aproveitamos para lembrar que é preciso renovar catro alumnos, cinco profesores e un representante do PAS, así que animádevos a presentarvos! Podedes facelo desde mañá ata o vindeiro martes 16, entregando o impreso debidamente cuberto na Secretaría (podedes pedilos alí ou descargalos e imprimilos desde a web, na ligazón sinalada).

 

MAGOSTO_NOVA DATA

Finalmente, dada a previsión de bo tempo, o MAGOSTO celebrarase no noso IES mañán venres día 5 de novembro. Será nas dúas últimas horas para o alumnado da ESO e, ademáis de castañas, haberá xogos organizados polo departamento de Educación Física.

Recordade traer unhas poucas de castañas picadas e MOITAS ganas da pasalo ben!

Samaín 2021 na Biblio: Venres 30

Este venres non tivemos sorte co tempo pero aínda así, na biblio, deu para moito.
Estivemos de ensaios para o concurso de relatos e fixemos experimentos de Samaín coas profes de FQ traballando sen descanso.
E a partir do MARTES vén a biblio nos recreos para participar no CONCURSO ou para ser PÚBLICO das contadas.


NON TEÑAS MEDO! Esperámoste!

ATENCIÓN: MAGOSTO APRAZADO

ATENCIÓN!!! O magosto que estaba previsto celebrar este venres 29 tivo que ser aprazado debido á previsión de mal tempo. En canto teñamos unha nova data xa vola comunicaremos tanto nas aulas coma nesta web.

Distribuir contido


by Dr. Radut