Skip to Content

Física e química

Formulación inorgánica

Practica todo o que estudamos na clase de formulación inorgánica coa realización de nomenclatura e formulación de milleiros de compostos coa posibilidade de autoavaliarte.

 

EMPEZANDO A COÑECER AO ÁTOMO

No seguinte link poderás ver os distintos modelos atómicos elaborados ao longo da historia ata dar co modelo actual.

Poderás ver a estructura do átomo, practicar na construcción de átomos e a configuración electrónica (isto último para o alumnado de 4º ESO). 

Aproveita a facer as actividades propostas para practicar e autoavaliarte!

 

 

 

Para saber algo máis dos científicos.......

Estes días estudamos a contribución de importantes científicos ao coñecemento que temos do comportamento dos gases, centrámonos, máis que nada, no desenvolvemento das ecuacións que rixen dito comportamento e a explicación que nos ofrece a teoría cinética e que nos axuda a interpretar o que acontece a nivel microscópico na materia. 

A voltas coas leis dos gases no laboratorio virtual

Xa comentamos o desenvolvemento matemático das leis dos gases e tamén a explicación que da a teoría cinética sobre o comportamento dos mesmos. Agora podes realizar unha práctica experimental indo aos seguintes links que te levarán ao laboratorio virtual (entra na sala Boyle e na sala Charles), e , despois de facer a experiencia, obtendo varias medidas das magnitudes relacionadas en cada lei, fíxate nas gráficas obtidas, ¿concordan co explicado na clase?

http://www.educaplus.org/gases/lab_boyle.html

http://www.educaplus.org/gases/lab_charles.html

 

 

Teoría cinético-molecular (TCM)

No seguinte link poderás repasar distintos conceptos estudados na clase relacionados coa teoría cinético molecular

Anímate a consultalos, pois as simulacións que poderás ver axudaranche a visualizar de xeito máis doado o que acontece na materia a nivel microscópico.

http://www.educaplus.org/gases/tcm.html

 

 

As leis dos gases

No seguinte enlace, poderás ver simulacións dos gases cando se modifican as variables presión, volume e temperatura, dependendo de que lei estea en xogo. Ademais poderás repasar o estudado na clase facendo máis exercicios relacionado coas leis dos gases.

Lei de Boyle- Mariotte (T constante)

http://www.educaplus.org/gases/ley_boyle.html

 Lei de Gay-Lussac (V constante)

http://www.educaplus.org/gases/ley_gaylussac.html

 Lei de Charles (P constante)

http://www.educaplus.org/gases/ley_charles.html

Tabla periódica interactiva

No seguinte link poderás consultar unha táboa periódica interactiva, onde, ademais da ordenación dos elementos na mesma, poderás consultar propiedades, isótopos, compostos que forman os elementos asi como o tipo de orbitais coa súa representación.

https://www.ptable.com/?lang=es

E no seguinte link poderás entreterte cunha táboa muda, que che axudará a ir identificando os distintos grupos ou familias da táboa periódica. Empeza o xogo!

http://www.educaplus.org/sp2002/juegos/jtpmuda.html

 

 

Simulación para o cálculo da densidade de diferentes materiais

No seguinte enlace podes facer o cálculo da densidade de diferentes materiais, modificando os datos de masa e volume:

https://phet.colorado.edu/sims/density-and-buoyancy/density_es.html

Para ampliar o exercicio, podes elaborar unha gráfica de masa frente a volume e ver o que acontece. ¿Qué tipo de propiedade é a densidade?

Busca na web distintas aplicacións dos materiais cos que traballaches na aplicación. Busca tamén o valor da densidade deses materiais e compara co obtido na túa experiencia.

MATERIAL DE LABORATORIO

Aquí podes ver algúns dos materials básicos que empregaremos no laboratorio e o seu uso.

INSTRUMENTOS E MATERIAL DE LABORATORIO

Aquí podes ver  material e instrumentos de medida básicos do laboratorio para repasar  o visto na clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut