Skip to Content

Física e química

NOVAS FISURAS NA CAPA DE OZONO

Moitas veces temos falado do ozono, non soamente pola descrición da súa molécula triatómica (formada por tres átomos de osíxeno), senón pola seu importante papel na atmosfera como protector contra os raios ultravioleta procedentes do sol, exercendo unha acción de filtro das radiacións máis perigosas para o ser humano. Así pois é importante saber cómo se mantén o seu espesor co tempo, pois a súa diminución provocaría danos nos ecosistemas e debemos pois analizar as causas que provocan tal diminución  e as medidas posíbeis a ter en conta para a súa preservación.

FORZAS E MOVEMENTOS

Unha forza pode provocar dous efectos nun corpo: estático e dinámico. No primeiro dos casos a forza é quen de deformar un corpo pero éste recupera a súa forma inicial ao deixar de actuar a forza, sempre e cando non se supere o chamado límite de elasticidade. Os corpos que se comportan deste xeito dicimos que son elásticos e cumpren a lei de Hooke .

Contruíndo moléculas orgánicas e inorgánicas empregando modelos

O alumnado de 4º da ESO do IES Rego de Trabe estivo construíndo moléculas orgánicas e inorgánicas utilizando modelos. Fai clic na imaxe que queiras para ver os modelos con máis detalle.

TIPOS DE REACCIÓNS QUÍMICAS

Xa vimos que as reaccións químicas, segundo a teoría de colisións, ocorren polas colisións EFICACES entre as partículas de reactivos no que se rompen uns enlaces químicos e fórmanse uns novos para formar os produtos. A reorganización dos átomos para formar novas sustancias pode ocorrer de diferentes maneiras, e iso será o que dea lugar aos diferentes tipos de reaccións. Visualiza o video e fíxate en como ten lugar o proceso, así como o axuste das diferentes reaccións.

CAMBIOS FÍSICOS E CAMBIOS QUÍMICOS.

Podemos realizar na materia dous tipos de cambios: físicos e químicos , estes últimos representados a través de ecuacións químicas nas que unhas substancias chamadas REACTIVOS rompen os seus enlaces químicos, reorganízanse e forman unha novas substancias chamadas PRODUTOS con características diferentes ás substancias de partida.

Modelos atómicos

O alumnado do IES Rego de Trabe vén de realizar varios modelos atómicos que, ademais de axudar a aprender, campan moito no noso laboratorio.

Disolución dun sal en auga

Na clase vimos o que son as disolucións e preparamos diversas disolucións no laboratorio. Podedes ver como é o proceso de disolución dun sal en auga de xeito microscópico se pulsades na animación. Móstrase a disolución do cloruro de sodio (sal de mesa) en auga.

No laboratorio de química do Rego de Trabe o alumnado de 2º ESO tamén preparou disolucións e calcularon a súa concentración expresada en g/L.

Métodos de separación de mesturas

Como xa vimos na clase, hai unha gran diversidade de mesturas, polo que tamén se requiren distintos métodos de separación. O primeiro que temos que analizar é se se trata dunha mestura homoxénea ou heteroxénea, e, en función das propiedades que presente, elixiremos o método máis eficaz para separar os diferentes compoñentes que forman a nosa mestura.

Podes ver un exemplo neste vídeo dos realizados polo alumnado de 2º da ESO nas  prácticas do laboratorio de química do noso centro.

TIPOS DE MESTURAS

Premendo no seguinte video poderás repasar de xeito divertido o visto na clase da diferenza entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas.

RESIDUOS PLÁSTICOS

Todos sabemos da importancia de non tirar lixo para manter os nosos espazos en boas condicións, porén non está de máis lembrar que algúns dos residuos que xeneramos teñen un período de degradación  moi longo. Por poñer un exemplo, unha bolsa de plástico tarda 450 anos en degradarse. Isto debe levarnos a pensar o que pode supor deixar diferentes envases plásticos tirados nas nosas plaias, pois son arrastrados polo mar, ocasionando un grave perigo para o ecosistema marino. De aí a importancia que sempre recordamos da reciclaxe dos nosos residuos.

Distribuir contido


by Dr. Radut