Skip to Content

Prensa

Aprendendo a ser bos condutores e condutoras

O pasado martes 06 de febreiro os alumnos de 1º de Bacharelato do IES asistiron na quenda da tarde a un simulacro de accidente automobilístico con feridos e ao proceso de excarcelación dos mesmos.

Esta acción educativa foi organizada pola Policía Local do Concello de Boiro e contou coa colaboración dos Servizos de Emerxencia e Sanitarios da comarca, da Asociación Stop Accidentes -a través da súa presidenta Jeanne Picard- e dun coñecido boirense que sufriu un grave accidente hai uns anos  e cuxos duros e impactantes testemuños emocionaron ao auditorio presente. Os alumnos do IES Praia Barraña tamén foron participantes e testemuñas de excepción  do devandito simulacro.

A experiencia vivida polo alumnado do IES Praia Barraña foi enriquecedora e serviu para conciencialos dunha condución responsable como condutores que serán nun futuro inminente.

Agradecemos ao Concello e á Policía Local de Boiro o ternos escollido para a realización deste primeiro simulacro de educación vial así como a presenza e impactantes testemuños de Jeanne Picard e de Moncho, e tamén a colaboración do resto de Servizos que colaboraron no mesmo.

 

Velaquí un vídeo do simulacro realizado:

 

 

II Premio Concurso de Murais

(La Voz de Galicia, 13 de junio 2016)

Enlace á noticia aquí

Exposición: Éxodo

(La Voz de Galicia, 10 de mayo 2016)

"Os elefantes de Sokúrov" Antón Riveiro

Un novo éxito do noso compañeiro Antón Riveiro

O noso compañeiro de administración, Antón Riveiro, vén de colleitar un novo éxito que engadir á súa xa dilatada carreira como escritor. Acaba de publicar a novela que leva por título "Os Elefantes de Sokúrov", e logo de poucas semanas no mercado xa vai pola segunda edición.

Parabéns Antón!!

Publicado en FUGAS. Suplemento de ocio e cultura de La Voz de Galicia. 04/12/2015

 

Moito máis que matrículas de honra

María, Sarela, Lois e Julieta preséntanse á selectividade cun expediente académico que incluso chega a superar á mesma perfección.

Enlace á noticia La Voz de Galicia.

eTwining: Letras galegas

(La Voz de Galicia, 26 de maio 2015)

(El Correo Gallego, 26 de maio 2015)

Distribuir contido


by Dr. Radut