Skip to Content

Seccións Bilingües

Viaxe a Londres 3-7 Febreiro

Os alumnos  de  3º ESO  e  os  de  1º de Bacharelato (sección  bilingüe)  ímonos de  viaxe  cultural  a Londres,  onde  visitaremos  os  lugares  mais  emblemáticos  e  algúns  museos.  Tamén  practicaremos  Inglés.  Vémonos  á  volta  e  podedes  botar  de  menos  os  profes  de Inglés  porque  os  levamos  con  nos.

Londres

(La Voz de Galicia, 8 de Febreiro 2014)

As seccións bilingües viaxan a Londres

Os Departamentos Didácticos de Xeografía, Historia e Tecnoloxía organizaron para o alumnado das seccións bilingües de 1º Bacharelato e 3º ESO unha visita a Londres que tivo lugar entre os días 29 de xaneiro e 2 de febreiro.

A través desta visita os rapaces practicaron a fala inglesa e ampliaron os coñecementos adquiridos na aula tanto en linguas estranxeiras coma en contidos das materias de Historia do Mundo Contemporáneo, Xeografía e Tecnoloxías. Ademais, os mozos e mozas aprenderon técnicas de orientación nunha grande cidade, coñeceron diferentes culturas e desenvolveron os valores de respecto e tolerancia polos demais.

Os alumnos e alumnas visitaron os lugares máis representativos de Londres: O Parlamento, o Big Ben, Buckingham Palace, o British Museum, son algúns exemplos dos moitos lugares visitados, e mesmo puideron poñer un pé en cada hemisferio no meridiano de Greenwich.

Alumnado e profesorado do IES Praia Barraña diante do Tower Bridge (Londres)

Distribuir contido


by Dr. Radut