Skip to Content

Información

Fondo solidario de libros e axudas para a adquisición de material escolar

fondo solidario

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2018 - 2019

NORMATIVA APLICABLE

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19

 

DESTINATARIOS

  •    Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
  •   Alumnado cunha discapacidade 65 %.
  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

FORMA E LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES

  • As solicitudes serán presentadas polos pais/nais ou titores/as legais do alumnado.
  • Única solicitude para todos os fillos admitidos no Centro.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (non precisa presentación física da solicitude no Centro)
  • Presentación no Centro entregando, debidamente cumprimentada, a solicitude e a documentación complementaria necesaria ou en calquera outro rexistro habilitado legalmente a tal fin.

PRAZO PRESENTACIÓN  SOLICITUDES

Do día 22 de maio ao día 22 de xuño de 2018 (este incluído)

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

a)       Solicitude de participación.

b)       Anexo II.

c)       Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d)   Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

e)Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f)      Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

g)    Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h)  Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

PUBLICACIÓN DE ACTOS

Publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro docente e/ou na páxina web: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en  que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan, nas seguintes datas.

  • Publicación das listaxes provisionais: 12/07/2018.
  • Reclamación contra as listaxes provisionais: 13 e 16 de xullo.
  • Publicación das listaxes definitivas: 14/09/2018.

 

Procedemento de reclamación de cualificacións

Premendo nas imaxes seguintes pódese obter información sobre o procedemento que cómpre seguir para a reclamación dunha cualificación obtida en  1º - 2º de Bacharelato ou na ESO:

 

reclamacions 2º bach

 

reclamacion eso

Admisión alumnado. Curso 2018 - 2019

 

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

Lugares e formas de presentación das solicitudes.

Información xeral sobre o proceso de admisión

Poden lela na seguinte ligazón:

Información xeral e prazas vacantes

Documentación  necesaria que se deberá entregar:

a) Impreso admisión ED550B

b) DNI d@ alumn@.

c) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

d) Co obxecto de contribuír a unha maior e mellor organización por parte do Centro, os/as solicitantes deberán indicar as materias que desexan cursar no nivel para o que solicitan praza. Con este obxectivo, na táboa seguinte recóllense os impresos organizados por cursos:

ESO BAC
 
 

Admisión Alumnado Curso 2017/18

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive, e poderán facelo por internet https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ (entregando no centro unha copia do impreso), ou ben de xeito presencial na secretaría do centro.

Toda a información atopase no seguinte enlace:

Información xeral e prazas vacantes

Documentación a entregar:

a) Impreso admisión ED550B

b) DNI d@ alumn@.

c) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

d) Co obxecto de contribuír a unha maior e mellor organización por parte do centro, os/as solicitantes deberán indicar as materias que desexan cursar no nivel para o que solicitan praza. Na táboa seguinte recollense os impresos ordeados por cursos:

ESO BAC
 
 

Curso 2016/17

MATRÍCULA

ESO E BAC: MARTES 6 E MÉRCORES 7

PRESENTACIÓN

15 de setembro

BAC: ás 11:30 h

ESO: ás 12 h

Entrega de Notas e Recollida de libros

ENTREGA DE NOTAS polos titores

. LUNS 5:  2º BAC ás 10 h

. MARTES 6: 1º BAC e ESO ás 10 h

* RECLAMACIÓNS: 48 h

* O Luns 5 ás 11h no desdobre 1 terá lugar a recollida de libros de texto da ESO que foron comprados con cargo ao vale do pasado curso.

Matrícula curso 16-17

A continuación os impresos de matrícula para o curso 2016-17 ordeados por cursos:

ESO BAC
 
 

Proceso de admisión do alumnado Curso 2016/17

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 29 de marzo, ambos os dous inclusive. A partir do 1 de marzo poderán recoller a información e os impresos en Secretaría, ou ben imprimilos nesta páxina e entregalos en Secretaría.

Os impresos de solicitude de admisión son os seguintes:

- 1º ESO

- 2º ESO

- 3º ESO

- 4º ESO

- 1º Bacharelato

- 2º Bacharelato

- Información xeral para cumprimentar os impresos

A relación de prazas vacantes é a seguinte:

CURSO 2016/17

PRAZAS IES PRAIA BARRAÑA

 

Nº PRAZAS

OCUPADAS

OFERTADAS

1º ESO

54

36 (Centro adscrito)

18

2º ESO

60

57

3

3º ESO

60

49

11

4º ESO

60

47

13

1º BACH

132

40

92

2º BACH

132

125

7

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut