Skip to Content

Debuxo

Concurso Murais de Azulexo da Costa da Morte

O IES Praia Barraña resulta gañador da VI Edición do proxecto sociocultural de LAR.

(La Voz de Galicia, 6 de xuño 2014)

Alumnado de Plástica do IES Praia Barraña obtén o Primeiro Premio do VI Concurso de Murais de Azulexos da Costa da Morte co mural “Explotación-Conservación: Navalla e Longueirón”

O pasado xoves 5 de xuño tivo lugar en Cee o acto de entrega de premios do VI Concurso de Murais da Costa da Morte, patrocinado por Suministros LAR S.A.

 

 

 

Alumnos de 4º de ESO do IES Praia Barraña de Boiro participaron dende a asignatura de Educación Plástica e Visual, impartida por D. Pascual Vidal González.

 

O tema proposto nesta sexta edición eran os mariscos da Costa da Morte. Sendo que ao IES Praia Barraña tocoulles por sorteo ante notario representar “navallas” e “longueiróns”.

Ante o reto de representar dous mariscos prácticamente iguais e non demasiado estéticos, e como a forma de monolito do mural obligaba a desenvolver dúas esceas. tomuse a decisión de representar unha delas amosando o marisco vivindo no seu entorno natural en liberdade, e noutra a típica estampa dunha mariscadora apañando marisco, como forma de actividade de explotación humana, amosando así una dicotomía como punto de partida do discurso.

 

 

O mural estaba feito con anacos de azulexos de cores colocados con técnicas de mampostería.

O tribunal que fallou o resultado estaba composto por Dona Beatriz González, Directora da Ciudade da Cultura de Santiago, Don Anton Castro, escritor, ex director da escola Cervantes de Milan, e profesor de historia do arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e Dona Covadonga Carrasco, Arquitecta na Coruña, con numerosos recoñecementos á súa profesión.

 

Esta esta é a segunda vez que o IES Praia Barraña participa, como instituto invitado que xa tiña participado na IV edición, e a primeira vez que obtén un galardón.

 

Preme a seguinte LIGAZÓN se queres visitar a galería completa de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut