CONCERTAR CITA CHAMANDO AO 881 866 601 PARA SER ATENDIDOS/AS
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020 - 2021 |
|
NORMATIVA APLICABLE |
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21. Procedemento ED330B |
DESTINATARIOS |
|
FORMA E LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES |
FORMA DE PRESENTACIÓN
LUGAR DE PRESENTACIÓN
Esta é a opción máis aconsellable este curso por razóns sanitarias.
Se se opta por esta segunda e excepcional forma de presentación deberán ter en conta as seguintes normas: a) Chamar ao 881 866 601 e concertar cita para a entrega da solicitude e documentación. Non se atenderá a ninguén que non tivese concertada hora de atención previa. b)Acudir ao centro provisto coa respectiva máscara de protección e con todos os documentos impresos, debidamente cubertos e preparados para a súa presentación. c) No centro deberán gardar as distancias de seguridade interpersoal recomendadas polas autoridades sanitarias (2m) e contarán coas medidas necesarias de desinfección e hixienización de mans. d) Recoméndase encarecidamente estar no centro o tempo indispensable para a tramitación do procedemento. |
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES |
Do día 20 de maio ao día 19 de xuño de 2020 (este incluído) |
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA |
a) Solicitude de participación. b) Anexo II. c) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios: 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 2º. Certificado ou volante de convivencia. 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar. d) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. e)Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE. |
PUBLICACIÓN DE ACTOS |
Publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro docente: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan, nas seguintes datas.
10/07/2020.
13 e 14 de xullo de 2020.
14/09/2020. |