Skip to Content

Participación en Proxectos Comenius

O IES Praia Barraña ven de participar en varios Proxectos Comenius nestes últimos anos e no presente curso está inmerso na segunda fase do terceiro Programa.

  1. Proxecto Comenius "Energy for Tomorrow" nos cursos 2010-2012 coordinado pola profesora do Departamento de Inglés Purificación Vez. Participaron os alumnos de 3º e 4º ESO. Os paises participantes foron: Polonia, Lituania, Bulgaria, Turquía, Italia, Finlandia e Rumanía. Para máis información pinche aquí.
  2. Proxecto Comenius "Voyage à travers la poètique des sons, des mots et de e'expression corpoelle" nos cursos 2010-2012 coordinado pola profesora do Departamento de Francés Ana Taboada. Participou o alumnado de bacharelato. Para máis información pinche aquí.
  3. Proxecto Comenius "The teenager investment fund - How to take care of the future" nos cursos 2012-2014 coordinado pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía Ana Urbieta. Participan os alumnos de 3º e 4º de ESO.

Para máis información sobre os Programas Europeos visitar o siguiente enlace.



page | by Dr. Radut