Skip to Content

Celebramos o día mundial do ADN 2018 con Anxo Carracedo

O 20 de abril, acudimos ao Coliseo Noela para participar na celebración do día mundial do ADN. A inauguración do acto, organizado polo IES Virxe do Mar de Noia, contou coa presenza dos alcaldes de Boiro e Noia.

Ao longo da mañá presentáronse os traballos dos alumnos participantes no intercambio con Canarias, houbo actuacións musicais e finalmente chegou o invitado máis agardado, o doutor Anxo Carracedo, o gran profesor e investigador da USC. Empezou a súa intervención dedicándolle a conferencia aos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, dos que dixo que estaban no curso máis difícil da súa vida, polo que lle contaban os seus alumnos da Facultade de Medicina.

Falaunos da historia do descubrimento do ADN, de Xenética Molecular, de Investigación Criminal Forense, de Xenética do cancro...e todo dunha maneira tan clara e amena que teriamos pasado horas escoitándoo. Moitas grazas, Anxo!



page | by Dr. Radut