Skip to Content

Viaxe cultural a Toledo, Almagro e Madrid

Os alumnos de 1º de Bacharelato de Humanidades, Ciencias Sociais, Artes e algún de Ciencias viaxaron os pasados días 07, 08, 09 e 10 de maio a terras castelás para gozar dunha viaxe cultural cuxo principal obxectivo foi asistir a unha representación teatral no Curral de Comedias de Almagro.

Os trinta e catro alumnos participantes, acompañados por dous profesores do Centro, puideron coñecer o casco histórico de Toledo e todo o seu pasado literario e lendario a través dunha ruta nocturna que fixeron o domingo día 07 de maio.

Ruta_nocturna_Toledo

Asemade, o luns 08, desprazáronse ata a vila de Almagro, visitando a súa praza, coñececendo o seu emblemático curral de comedias, o máis importante vestixio conservado do teatro do século XVII,e asistindo á representación teatral do clásico de Tirso de Molina "El burlador de Sevilla".

Corral_interior

Praza_Almagro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O martes 09 viaxaron a Madrid e, ademais de poder coñecer o centro da capital, puideron facer unha visita guiada ao Museo do Prado, na cal se lles fixo unha revisión da mitoloxía clásica a través da arte.

Museo_Prado

Por último, o mércores 10 de maio, na viaxe de regreso a Boiro fixeron parada na cidade de Segovia onde visitaron o Acueducto, a Catedral... e asistiron a unha exposición na "Casa del Siglo XV",onde puideron ver unha mostra de pintura, escultura e libros de artista.

A viaxe resultou moi interesante e intensa e favoreceu o contacto directo do alumnado con expresións artísticas coma o teatro, a pintura ou a escultura nos lugares onde realmente cobran vida coma os museos ou os teatros, alén dos libros de texto e a realidade cotiá da aula.



blog | by Dr. Radut