Skip to Content

Re-enacting Art / Re-creando a Arte

 

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO B-sección bilingüe reinterpretaron diferentes obras de arte do Renacemento e do Barroco dentro da materia de Xeografía e Historia.

Unha das obras adaptadas foi A rendición de Breda, de Diego Velázquez, na que recreamos a obra representando un enfrontamento entre dúas bandas urbanas que remata coa reconciliación destas nunha defensa do respecto á diversidade.

Feito por todos os alumnos e alumnas de 3º ESO B.

 

Nesta recreación d'A derradeira cea, de Leonardo da Vinci, denunciamos varias prácticas da actualidade: os malos hábitos alimentarios nos que ten unha excesiva presenza a comida lixo; a enorme produción de residuos por mor do uso de embalaxes innecesarrias e produtos de usar e tirar; a substitución en ocasións dos valores deportivos por rivalidade e violencia no fútbol; e o mal uso que fai en ocasións das novas tecnoloxías.

Feito por Sabela Martínez Tomé, Jorge Saavedra Fungueiriño, Alejandro Tubío Sieiro, Javier Varela Viturro, Alejandro Santos Tubío, Eva Regadas Tubío, Yolanda Casqueiro Fernández, David Triñanes Ozores, Roi García Vidal, Antía Ramallo Blanco e Sandra Martínez Liste (3º ESO B).  

 

Na recreación d'O Nacemento de Venus, de Sandro Botticelli denuncimos a violencia machista na sociedade.

Na representación, a ninfa Clovis é substituída por un home que intenta maltratar a Venus, mentres o vento Céfiro, que representa as forzas policiais, intenta deter a Clovis empregando tamén a violencia. Venus é representada como unha muller. A pedra sobre a que está simboliza o seu poder e forza, mais está axeonllada sobre ela por mor da opresión que sofre. Primavera representa á parte da sociedade que segue a pensar que o papel da muller é coidar da casa e dos fillos, e por iso está a lle ofrecer un mandil a Venus.

Feito por: Sara Blanco García, María Blanco Resúa, Jorge Hermo González,  Laura Pérez López, Pablo Piñeiro Ínsua e Sara Romero López (3º ESO B).

 

O bolero, de José Camarón Bonanat, é unha obra inspirada no estilo rococó francés, pero adaptada ao gusto español. Os personaxes están vestidos segundo a moda madrileña dos majos e as majas. Nós recreamos a fotografía adaptándoa aos bailes tradicionais de Galicia.

Feito por: Miranda Carou Laíño, María Gómez Sánchez, María Jacobs Sánchez, Sonia Romero Vidal e Catariña da Silva Lopes e  (3º ESO B). 

 

Recreamos o cadro Nenos comendo uvas, de Bartolomé Esteban de Murillo, substituíndo a froita por vídeo xogos para representar a importancia que ten este tipo de xogos no lecer dos rapaces e rapazas na actualidade. Esta representación tamén se relación co cadro Nenos xogando aos dados, do mesmo autor, pois permite ver como cambiaron os xogos ao longo do tempo. 

Feito por: Jorge Piñeiro Bermúdez e Pablo Trasbach Sánchez (3º ESO B).



page | by Dr. Radut