Skip to Content

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

10/11/2023 15:36

O outono é época de setas, e o alumnado de 1º da ESO preparou unha exposición con exemplares dos nosos montes.  Non sabemos o motivo mais este ano houbo pouca variedade, cantidade e calidade, esperemos que o para o ano mellore a colleita!

A exposición atópase no corredor do primeiro andar ao lado da biblioteca.

Animádevos a botar unha ollada!

 

MAGOSTO 2023

03/11/2023 16:15

Entre temporales de vento e choiva e algún que outro escampado, o venres 3 de novembro, celebramos o Magosto coas típicas castañas e un chocolatiño quente aportado pola cafetería.         

 

Grazas  ás aportacións de castañas por parte dalgúns rapaces, ó préstamo dos asadoiros do concello, á  preparación das castañas e á organización dos xogos populares por parte do alumnado e profesorado do ciclo, e tamén á colaboración da cafetería, do persoal non docente e de limpeza, de todo o profesorado e alumnado, todos poidemos disfrutar dun estupendo Magosto.

  

HALLOWEEN

31/10/2023 20:40

 Photocall terrorífico nos recreos do 31 de outubro!!!

 

Dende o martes 31 de outubro ata o venres 3 de novembro, o alumnado pode ver a exposición de fondos terroríficos nos corredores do primeiro andar do instituto e asistir na biblioteca aos pases de curtas de medo nos recreos do martes, xoves e venres, organizados polo equipo de biblioteca.

Máis información no blog da biblioteca:

https://etikeles.wordpress.com/2023/11/02/noite-de-difuntos-volta-o-medo-a-biblio/

 

  

LUZ NA TERRA / NICOLÁS MULLER "VENTO NORTE"

26/10/2023 17:53

Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para 1º de Bacharelato, o xoves 26 de outubro á Cidade da Cultura para asistir á visita guiada da exposición “Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura” e da exposición de fotografía de “Nicolás Muller. Vento do Norte”.

 Para ver máis, pulsar AQUÍ

EXPOSICIÓN LUZ NA TERRA

19/10/2023 17:35

Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para o xoves 19 de outubro á Cidade da Cultura co alumnado de 2º de bacharelato para asistir á visita guiada da exposición Luz na Terra e ver a exposición de fotografía Nicolás Muller: Vento do Norte, un dos grandes fotógrafos documentais do século XX. 

 Para ver máis, pulsar AQUÍ

TALLER MICOLÓXICO

18/10/2023 16:13

O mércores 18 de outubro o alumnado de 1º da ESO participou nun taller micolóxico impartido pola asociación AMABUL e organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Para ver máis, pulsar AQUÍ

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS ADEGA

06/10/2023 15:47

O día 6 de outubro o alumnado de 3º da ESO participou na “Limpeza simultánea de praias” organizada pola asociación ecoloxista ADEGA.

 

INICIO DAS CLASES CURSO 2023-2024

06/09/2023 22:59

O vindeiro luns 11 de setembro comeza o curso 2023-2024 no seu horario lectivo:

8h20-14h00

16h20-18h00

O transporte escolar funcionará no horario habitual.

 

VALES DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

20/07/2023 11:05

 

Están dispoñibles os VALES DE MATERIAL ESCOLAR para o alumnado da ESO, con excepción dos alumnos de PDC que non os terán dispoñibles ata setembro.

As familias beneficiarias do vale de material, poden pasar retiralo ao centro dende o xoves 20 ata o venres 28 de xullo e a partir do 1 de setembro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

04/07/2023 21:03

Pódese descargar a lista de libros de texto do curso 2023-2024 pulsando aquí ou na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut