Skip to Content

LUZ NA TERRA / NICOLÁS MULLER "VENTO NORTE"

26/10/2023 17:53

Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para 1º de Bacharelato, o xoves 26 de outubro á Cidade da Cultura para asistir á visita guiada da exposición “Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura” e da exposición de fotografía de “Nicolás Muller. Vento do Norte”.

 

EXPOSICIÓN LUZ NA TERRA

19/10/2023 17:35

Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para o xoves 19 de outubro á Cidade da Cultura co alumnado de 2º de bacharelato para asistir á visita guiada da exposición Luz na Terra e ver a exposición de fotografía Nicolás Muller: Vento do Norte, un dos grandes fotógrafos documentais do século XX. 

 

TALLER MICOLÓXICO

18/10/2023 16:13

O mércores 18 de outubro o alumnado de 1º da ESO participou nun taller micolóxico impartido pola asociación AMABUL e organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS ADEGA

06/10/2023 15:47

O día 6 de outubro o alumnado de 3º da ESO participou na “Limpeza simultánea de praias” organizada pola asociación ecoloxista ADEGA.

 

INICIO DAS CLASES CURSO 2023-2024

06/09/2023 22:59

O vindeiro luns 11 de setembro comeza o curso 2023-2024 no seu horario lectivo:

8h20-14h00

16h20-18h00

O transporte escolar funcionará no horario habitual.

 

VALES DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

20/07/2023 11:05

 

Están dispoñibles os VALES DE MATERIAL ESCOLAR para o alumnado da ESO, con excepción dos alumnos de PDC que non os terán dispoñibles ata setembro.

As familias beneficiarias do vale de material, poden pasar retiralo ao centro dende o xoves 20 ata o venres 28 de xullo e a partir do 1 de setembro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

04/07/2023 21:03

Pódese descargar a lista de libros de texto do curso 2023-2024 pulsando aquí ou na imaxe.

BOLETÍN DE NOTAS E MATRÍCULA 23/24

23/06/2023 11:31

Os boletíns de notas entregaranse o luns, 26 de xuño, ás 12:00. 

Non haberá transporte escolar.

 

MATRÍCULA CURSO 2023/2024

Datas para a formalización da matrícula:

 

HORARIO

9:30 a 13:00 horas

 

DÍA 27 de xuño > 2º BACH

DÍA 28 de xuño > 1º BACH

DÍA 29 de xuño > 4º ESO

DÍA 30 de xuño > 3º ESO

DÍA 03 de xullo > 2º ESO

DÍA 04 de xullo > 1º ESO

 

Documentación a aportar coa matrícula:

  •  Impreso de matrícula que se proporcionana conserxería do centro ou se pode descargar na páxina web:www.ieson.gal (Secretaría)
  •  Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
  •  Fotocopia do boletín de notas do curso 2022/2023.
  •  Folla de autorizacións asinada.
  •  2 fotografías tamaño carné (co nome do/a alumno/a por detrás).
  •  1 sobre americano aberto, sen enderezo e seladoTarifa A

Ademáis:

  • alumnado de nova incorporación ao centro aportar á fotocopiada páxinado Libro de Familia onde está rexistrado/adito/a alumno/a.
  • No caso do alumnado procedente doutra comunidade autónoma,debe entregar certificación académica dos estudos realizados.
  • alumnado de 3º ESO Bacharelato entregará xustificante de pago das  taxas do Seguro Escolar (1,12 euros que serán aboados na Conserxería do centro,ou no caixeiro da oficina de ABANCA, co número de conta ES122080 0312 4430 4000 4100; entregaralle un recibo para presentar no IES).
  • Se está de alta no programa Alerta Escolar debe aportar informe médico.
  • En caso de divorcio deben aportar sentenza xudicial.

 

 

 

Encontro literario con Carlos Negro

21/04/2023 09:35

Como estamos en pleno mes do libro, o mércores 19 de abril contamos coa visita do escritor Carlos Negro, falándonos, entre outras cousas, das historias de misterio. Esta actividade estivo enmarcada dentro do programa Encontros Literarios promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

https://etikeles.wordpress.com/2023/04/20/encontro-literario-con-carlos-negro/

Selección de participantes no programa europeo Erasmus+

27/02/2023 17:27

Publicación da información relativa ao procedimento selectivo onde aparecen os criterios e os instrumentos de selección de participantes no Programa Erasmus+.

Distribuir contido


by Dr. Radut