Skip to Content

"LANGUAGE PLANNING" COS QUINQUILLÁNS

28/02/2019

Onte o alumnado de Lingua Galega de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu á representación de Language Planning. Trátase dunha actividade de dinamnización da lingua e a lectura levada a cabo pola Editorial Galaxia e acompañía de teatro Os Quinquilláns. 

Podedes ler máis sobre a actividade no blog da biblioteca.

OBRADOIRO DE RADIO BIBLIO CON PONTE NAS ONDAS

Onte estiveron connosco Xerardo e Damián, de Ponte nas ondas, dentro do programa de formación de Radio na Biblio. Alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO (boa parte do club de lectura), e un grupo de profes que os acompañaban, formáronse onte como técnicos de radio. 

Foi moi interesantes e divertido! Agora toca ir facendo novos programas dende Biblio, Normalización, os departamentos, os grupos de alumnos!

Máis no blog da biblio!

 

 

 

ÉXITO NO 1º CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

26/02/2019

Excelente participación dos nosos rapaces e rapazas no 1º Campionato Provincial de Campo a  Través para centros educativos celebrado no Estadio Municipal de fútbol de Noia, á que chegaron tras a clasificación na fase intercomarcal celebrada no Loreto

Os resultados obtidos foron fantásticos! Primeiros por equipos en categoría masculina cadete e cun destacado segundo posto na clasificación individual de Alejandro Vázquez Calo. As rapazas, terceiras por equipos na categoría cadete. 

Parabéns!!!

   

NOELIA IGLESIAS, CAMPIOA!!!

26/02/2019

Felicitamos a Noelia Iglesias Caamaño, de 1º de Bacharelato, que, co Club de Atletismo Noia, conseguiu este sábado o OURO!!!! nos 400m no Campionato Galego de Pista Cuberta. Clasifícase así opara o campionato de España! PARABÉNS!!Sorriso

 

 

A NOSA AULA DE XOGOS!!!!

23/02/2019

Curso 2016-17. Un proxecto: facer un estudo do consumo enerxético do centro. Propoñer medidas de aforro. Levalas a cabo e…voilá! Aforramos! O esforzo daqueles alumnos e alumnas e do profesorado implicado reverteu no centro!

Ana Dapena, a nosa compañeira, sacou adiante unha promesa ilusionante: crear no centro un espazo para eles. Desta volta, son  tamén outros mozos e mozas os que están a axudar a facer desta aula un lugar acolledor. Un lugar que sintan como propio. Un espazo onde o lecer se transforme en valores, en convivencia.

Aínda non está rematada, pero mirade que bonita e que bo ambiente! Parabéns!!! 

 

 

 

 

EMPRENDEMENTO COA FEUGA

21/02/2019

Esta mañá o alumnado do ciclo asitiu á charla da FEUGA, Fundación Empresa-Universidade Galega. dentro do ciclo de actividades polo emprendemento do departamento de Economía. 

 

"AMAR NON É UN DELITO", DE AMNISTÍA INTERNACIONAL

19/02/2019

Estes días temos no centro a exposición de Amnistía Internacional “Amar non é un delito”. Trata sobre a dificultade existente en África para expresar la diversidade sexual. Fainos entender que alí a homofobia  se combate día a día por activistas e cidadáns anónimos que loitan polos dereitos de lesbianas, gays, bisexuais, travestís e intersexuais.

Sabemos que en Europa non é fácil e que queda moito por facer. Concienciar sobre o que acontece no continente africano, conciencia tamén sobre o entorno máis próximo.

ROTEIRO DO CASTRO 2018-19

13/02/2019

Hoxe agasallounos o sol! Non só polo día tan fermoso, senón porque a ruta dos Castros foi unha expeciencia ben fermosa Sorriso Bravo polo ciclo, polo alumnado de 2º de ESO, e mil grazas a DISCAMINO!!!! A vila, a Atalaia, Fonforrón, a Arnela, as praias, o Castro... foron hoxe a aula. Un espazo de aprendizaxe, de convivencia, de valores! SonCine montará un vídeo, xa veredes como loce o sol! Logo virán proxectiños que enriquezan a saída!

 

 

 

 

 

 

 

 

NA X OLIMPÍADA XEOLÓXICA

13/02/2019 20:52

12 alumnos de bioloxía e xeoloxía de 4°ESO participaron na X Olimpíada de Xeoloxía en Santiago. A experiencia foi moi boa, tanto que queren repetir para o ano que vén!

 

VISITANDO A USC E OS CICLOS SUPERIORES (2018-19)

13/02/2019

Esta mañá o alumnado de Bacharelato visitou a USC e algúns dos ciclos que se ofrecen en Santiago. Antes pararon tamén en Noia, no IES Campo de San Alberto. Unha das actividades organizadas polo departamento de Orientación que pretenden abrir horizontes de formación.

 

 

 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut