Skip to Content

VÍDEO TÉCNICO DA RUTA DA AUGA

14/05/2019

Cales son as características técnicas da Ruta da Auga? Cales os puntos de interese? Do departamento de Educación Física achéganos este vídeo onde se recolle esta información. Preparad@s para camiñar?!!!  Calzado cómodo. Saímos do centro e rematamos en Cans!

Convertemos o noso entorno na mellor aula!

  

Roteiro da auga. 1º ESO from SonCine on Vimeo.

ENTENDENDO A ARQUITECTURA DA RUTA DA AUGA

14/05/2019

O alumnado de 1º de ESO traballou na materia de Lingua Galega a arquitectura patrimonial da Ruta da Auga. Únense historia, patrimonio, natureza e tradición. Xuntos elaboraron esta presentación na que axudan a entender os hórreos, as capelas, a casa tradicional,  os cruceiros e  os muíños. Fixeron as fotografías, invesgaron... Mirade que completiña está. Agora, cando paseemos pola ruta, poderemos entender mellor o que estamos a ver e saber o que nos contan estas construcións da nosa identidade como pobo. 

No mes de Antón Fraguas, adicámoslle a el este traballo de investigación. É unha forma de manter vivo o seu legado. De seguro, habíalle gustar!!! 

  

Arquitectura ruta da auga,IES de Porto do Son

More presentations from etikeles
 
 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, recolleu parte desta información e elaborou un tríptico que se enviará as familias no mes das Letras. 

"CARTAS A NINGURES" DENDE ONDA PERSEVEIRA

09/05/2019

Cartas a ningures, ou non. De nós pode depender o futuro da Terra. Así se chama o podcast que gravaron os mozos e mozas de 3º de ESO que participaron no obradoiro de radioteatro con Roberto Casal. Non tería sido posible, como en anteriores ocasións, sen o apoio da OMIX de Porto do Son. Mil grazas! É un luxo contar con actividades coma esta! Parabéns a Roberto e ao alumnado!

Entrade no blog de Onda Perseveira para escoitar o podcast e poder contextualizalo. Alí imos publicando o que gravamos na nosa radio, dentro do programa da Rede de Bibliotecas Escolares,  Radio na Biblio. 

 

XUVENTUDE. OFERTA DE ACTIVIDADES CO PROGRAMA CON-CIENCIA. GALP

08/05/2019

Como pode a xuventude implicarse na súa vila, no seu entorno? Como pode poñer en práctica o seu compromiso para mudar as cousas? De que asociacións formamos parte? Cales hai preto de Porto do Son? En equipos, pensaron nisto. Expuxeron. Preguntaron. 

 O programa Con-Ciencia está a piques de rematar. Moito aprendemos con María e David!!!

 

NATUREZA, SOSTIBILIDADE E DIVERSIÓN EN ALVARELLA!

07/05/2019

A semana pasada, cun tempo estupendo, o alumnado de 1º de ESO visitou o Albergue de Ecoturismo de Alvarella. Foron dous días ben completiños. O xoves, cedo, recibíronnos Sofía, Xosé e Sira. E xa a camiñar ata o mosteiro de Caveiro. Muros, hórreos, muíños, capelas, pontes, fieitos milenarios, árbores da fraga...  Xogando con probas de sostibilidade na palleira e pola finca, cociñando magdalenas na cociña solar (e coa axuda do forno, porque non ía tanto sol. Ben ricas que estaban!), enredando no tempo libre (porque non levamos móbil!!!), ata axudando a limpar no comedor! Con todo o pasamos moi ben!

Os monitores, xenial; a comida das cociñeiras, como na casa, ou mellor!!! Para repetir!!!

 

 

  

 

 

 

 

EXCURSIÓN A PENA AVENTURA

06/05/2019

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO viviu dous días de aventura no medio natural, actividade física e convivencia en Pena Aventura Park. Explorar a natureza, relaxarse e divertirse... e, ao tempo, practicar o portugués. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Non hai máis que ver esta foto para ver que ben o pasaron!!

 

 

 

A XUVENTUDE E OS SEUS PROBLEMAS. PROGRAMA CON-CIENCIA. GALP

01/05/2019

Este luns, dentro do programa Con-Ciencia, o alumnado de 2º de ESO, charlou con Carlos Varela Ulla, pedagogo, especialista en xestión cultural e educador social. Con el falaron do presente e do futuro, sobre como se ven e sobre como se queren ver cando sexan adultos. Reflexionaron. Pensaron no camiño. Na responsabilidade que eles mesmos teñen sobre si mesmos e sobre o entorno. Ben interesante!!!

Esta sesión, prevista para o 8 de maio, reemprazou á de "Muller do mar. A gobernanza", que se celebrará nesa data. 

 

RIFAS PARA AS EXCURSIÓNS A ALVARELLA E ONS: NÚMERO PREMIADO

27/04/2019

 

Este é o número premiado no sorteo da ONCE de onte. A persoa que teña a rifa que teña o número que coincida cos 4 últimos números será a que se leve como premio unha estupenda TENDA DE CAMPAÑA PARA 3 PERSOAS! 

Lembrade que caduca aos 15 días! 

Agradecemos moitísimo a colaboración da ferretería Melchor, do supermercado Jefama de Portosín, da óptica Seráns e da ANPA!

     

Hoxe, Carolina Romero, antiga alumna do centro, achegouse a recoller o premio!!!! PARABÉNS!!! VÉN XA O BO TEMPO PARA DISFRUTALA!!!

 

 

GAÑADORAS DO CONCURSO DE HAIKIÑOS

27/04/2019

Estas son as gañadoras do concurso de Haikiños que promoveu a nosa querida María Míguez entre o alumnado de 2º de ESO tras facer con eles un obradoiro de Haikiños sostibles na Semana Cultural. Podedes ler os poemas no blog da biblioteca! Ben bonitos os cadernos adicados que lles deixou como premio!!!

CURSO BÁSICO DE VISITAS GUIADAS EFECTIVAS

27/04/2019

 

O ciclo finalizou con éxito o "Curso Básico de Visitas Guiadas Efectivas" celebrado no IES entre o 24 e 25 de abril, centrado na posta en valor do patrimonio e na necesidade de saber comunicalo. Con Isabel Férnández, experta neste eido, tras as primeiras sesións informativas, o alumado enfrontouse ao guiado das visitas, a falar en publico e que a nosa mensaxe chegue ós participantes. Cada grupo aplicou as técnicas que ensinou Isabel Fernández, saíron iniciativas moi interesantes.

Agradecemos a Isabel a interesante aportación á formación do ciclo.

Estas xornadas non serían posibles sen o apoio da técnica da OMIX, Ana Freire Cabo, e Concellería de Xuventude do Concello de Porto do Son. Seguimos tendendo pontes neste labor de corresponsabilidade na educación dos mozos e mozas, na educación en comunidade! Mil grazas!

 

 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut