Saltar navegación.
Inicio

Intercambio con Normandía.

Disfrutade do seguinte album froito da nosa estancia en Normandía.

Álbum: 2018_2019 -> Honfleur

Probas de Acceso a Grao Medio

 A Xunta vén de abrir o prazo para a realización das probas de acceso a grao medio, en canto aos requisitos que se deben cumprir, destácanse entre outros: 

  • Idade: 17 anos ou cumprilos no ano natural da proba.
  • Destinatarios: Persoas que non dispoñen de Título Graduado en ESO ou Título Profesional Básico.
  • Datas inscrición: 7 ao 22 de marzo 2019
  • Realización proba: 28 de maio de 2019
  • Estrutura proba:

a) Parte sociolingüística:

Exames de módulos de ciclos formativos para alumnado que perdeu o dereito á avaliación continua.

Ciclo medio de Electromecánica de vehículos automóbiles:

Módulo: Sistemas auxiliares do motor: 21/03/2019 das 8:45 ás 11:15 horas (Teórico + práctico)

Módulo: Circuitos eléctricos auxiliares do vehículo: 26/03/2019 das 8:45 ás 11:15 horas (Teórico + práctico)

Medidas na Augateca para o Proxecta.

A directora do IES  acompaña ao alumnado que experimenta  coa  tecnoloxía de infravermello non  dispersivo no espazo creativo( FAB  LAB) da Augateca, no marco do  Proxecta, na montaxe do circuíto para a medida do dióxido de carbono. Fai click na foto.

Álbum: 2018_2019 -> Medidas Augateca

Excursión a Bueu

28/02/2019 08:45
28/02/2019 14:25

Excursión ao Museo Massó de Bueu

Ponte de san Xosé

O vindeiro luns 18 de marzo non haberá actividade docente no IES Pedra da Auga.

Substituímos así unha das festividades locais deste 2019 que caeu fóra do calendario escolar, tal e como marca a lei.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS.

A dirección xeral de Formación Profesional ven de anunciar os prazos de inscripción para as probas de acceso a ciclos:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título da ESO ou o 2º curso de B.U.P. pretendan matricularse en ciclos formativos de grao medio.

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título de Bacharelato, ou un título de técnico (grao medio) pretendan matricularse en estudios de ciclos formativos de grao superior.

Toda a información sobre esta convocatoria poderase consultar na web de referencia da F.P. da Xunta de Galicia.

Horario de nadal e comezo do 2º trimestre.

Hoxe rematou o primeiro trimestre.

O alumnado ten xa no seu poder os boletíns de notas.

No periodo non lectivo o centro permanecerá aberto, en horario de 10 a 13 horas os día 26, 27 e 28 de nadal e os días 3 e 4 de xaneiro.

As clases comezan no horario habitual o martes 8 de xaneiro.

Dende mañá volve a abrir a cafetería.

Unha vez resolto o concurso da cafetería do instituto, por parte da delegación de Educación de Pontevedra, por fin podemos anunciar que a partir de mañá disporemos novamente do servizo de cafetería.

PUMPKIN CONTEST

concurso de CABAZAS on PhotoPeach

Distribuir contido