Saltar navegación.
Inicio

STANDS DA III SEMANA DAS CIENCIAS

Un ano mais, e xa van 3, o IES PEDRA DA AUGA, participou nos stands da III Semana das ciencias de Ponteareas.

Este ano cunha gran representación, pois acudimos con stands de Tecnoloxía, ca estación meteorolóxica e a clepsidra, de Bioloxía, cos seus rastros e rastrexos, de física e química, e de matemáticas, con papiroflexia e xogos de inxenio.

Ademais, a presentación do xogo de Xabier Prado, "Once Torres".

Como sempre, foi un éxito, agradecer a tod@s a vosa colaboración.

Podedes ver mais cousas desta semana, na páxina do Concello:

 

http://sciencias.ponteareas.gal/

 

E aquí podedes ver alghunas fotos:

 

STANDS III SEMANA DAS CIENCIAS on PhotoPeach

VISITA AO MUSEO "CIENCIA EN MOVEMENTO" DENTRO DA III SEMANA DAS CIENCIAS

O noso alumnado de 4º da ESO, visitou o museo de "Ciencia e Movemento", dentro da programación das actividades da III Semana das Ciencias de Ponteareas.

 

 

Museo Ciencia en Movemento on PhotoPeach

PARTICIPACIÓN NO CONGRESO DE ALUMNADO DA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS

O pasado 12 de abril, os alumnos de 1º ESO B, Antía, Anxo, Arón, Candela, Davinia e Sebastián, acompañados pola súa profesora de bioloxía e tutora, Puri, presentaron o seu traballo " Está en perigo o nosa biodiversidade?", no I Congreso de alumnado, dentro da III Semana das Ciencias, que se celebrou no IES Val do Tea.

Noraboa polo seu traballo.

 

 

CONGRESO III SEMANA DAS CIENCIAS on PhotoPeach

VISITA DE RAMÓN CARIDE

O pasado día 5 de marzo, o escritor Ramón Caride estivo de visita no IES PEDRA DA AUGA, para comentar co alumnado de 1º e 3º da ESO os libros que leron, exogamia, endogamia e o camiño da estadea.

 

 

Visita de Ramón Caride on PhotoPeach

FP INNOVA 2018

O 25, 26 e 27 de abril celebrouse en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura o Congreso de Innovación da Formación Profesional, FP INNOVA 2018, onde estivo presente o Departamento de Electricidade do IES Pedra da Auga co proxecto de innovación dunha vivenda domótica impresa en 3D, automatizada con arduinos e controlando o alumeado e calefacción dende móvil ou tablet.

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018

 

 

Publicada a resolución do 19 de marzo de 2018 (DOG 4 de abril de 2018) pola que se convoca o concurso

Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado de ciclos.

Comprende dúas modalidades:

  • A: Ciclo superior
  • B: Ciclo medio

A participación terá que ser en grupo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 5 de maio de 2018.

Pódese ampliar a información na seguinte ligazón:

 

http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

 

 

 

 

PROXECTO INNOVACIÓN 2017 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: VIVENDA AUTOMATIZADA CON ARDUINO E IMPRESA EN 3D

Os alumnos de 2º curso do ciclo medio de electricidade e a coordinadora do proxecto Rocío Martínez, remataron a montaxe da maqueta dunha vivenda realizada cunha impresora 3D e automatizada con diferentes arduinos.

PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019

O prazo para presentar solicitudes de admisión, para estudar o curso 2018/2019 Educación Secundaria Obritagoria e Bacharelato, abrangue dende o día 1 ao 20 de marzo.

As prazas dispoñíbeis neste IES son as seguintes:

Nivel educativo Nº de vacantes
1º ESO 0 VACANTES
2º ESO 28 VACANTES
3º ESO 12 VACANTES
4º ESO 26 VACANTES
1º BACHARELATO 19 VACANTES (13 ORDINARIAS E 6 PARA ANEE)
2º BACHARELATO 12 VACANTES
Distribuir contido