Saltar navegación.
Inicio

Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021

ACTUALIZACIÓN, 6 DE MARZO.

Con data de onte matriculáronse por traslado dous alumnos de 1º e 3º da ESO, isto afecta á oferta de prazas xa que teñen dereito á reserva. Debido a elo a oferta de 4º da ESO queda en 28 vacantes.

============================================

 

Entre os días 1 e 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de postos escolares para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/21

Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

1º ESO 15 vacantes (6 delas NEAE)

2º ESO 0 vacantes

3º ESO 18 vacantes

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2020

Prazos de presentación de solicitudes de inscripción ás probas de acceso a ciclos:

  • Grao superior: do 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Grao medio: do 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

Calendario das probas de acceso.

A inscripción faise na seguinte: aplicación informática.

O resto de información de interese podédelo consultar na páxina web da Dirección xeral de FP.

Como sempre nos procesos relacionados con ciclos formativos (solicitudes de admisión, orientación educativa ou inscripción ás probas de acceso) tendes tres centros públicos en Ponteareas que poden facer calquer trámite ou facilitar calquer información adicional que precisedes: O CIFP A Granxa, o IES do Barral e o IES Pedra da Auga.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O xoves 30 de xaneiro, coincidindo co día da paz, os alumnos de 2 ESO ofreceron un concerto onde tocaron a canción de Antonio Flores "No dudaría"

Nova xornada de portas abertas no IES Pedra da Auga

Estimadas familias,

Co motivo da próxima graduación do/a voso/a fillo/a en Educación Secundaria, e tendo que elixir o centro onde vai cursar bacharelato, o equipo docente do instituto ten o pracer de convidarlles a unha xornada de portas abertas para os pais para que poidan coñecer como é a vida do noso centro. Para intentar conciliar o máis posible os horarios, e que a visita se faga en horario lectivo,faremos dúas sesións:

  • O luns día 3 de febreiro ás 17:00

VISITA Ó INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS DE VIGO

O martes 21 de xaneiro os alumnos de primeiro e segundo de bacharelato estivemos visitando o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) pertencente ó Consello superior de Investigacións Científicas (CSIC). Aquí aprendemos da man dos profesionais cientificos, en que consiste ser científico/investigador, e que a ciencia e tamén unha saida profesional ó alcance de todos nós.Ademáis tivemos a oportunidade de visitar e subir a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Este buque con base en Vigo leva participado en numerosas campañas de investigación dos nosos mares e océanos, incluso na Antártida. Da man do capitán e do primeiro ofocial poidemos descubrir como é un buque destas caracteristicas dotado cos últimos avances tecnolóxicos.

Contacontos inglés-galego

Aquí tendes as contacontos en acción o luns 20 de xaneiro, estiveron na biblioteca cos alumnos de 1º e 2º ESO.

 

 

 

Distribuir contido