Skip to Content

Terceiro trimestre

Regueifas 2023

O luns, 15 de maio, o alumnado de 1º e 2º da ESO puxo en práctica todo o aprendido nos obradoiros de Regueifa que Lupe Blanco nos veu dar no mes de marzo e máis o practicado nas aulas de Lingua Galega e Música neste terceiro trimestre. A través da regueifa aprendemos que podemos falarnos de brincadeira, con retranca mais con respecto, e facer poesía cantada... algo que a un pobo de poetas coma o noso non lle pode faltar. Clicade no vídeo para rirvos un pouco e máis ollade que letras máis finas compuxeron

Vídeo Regueifas Letras Galegas 2023

Feliz Día das Letras Galegas

No IES Pedra da Aguia imos conmemorar o Día das Letras Galegas con varias actividades ao redor da figura de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano. 

O día 16, véspera da gran festa da nosa lingua, gozaremos coas propostas do noso alumnado. Dúas alumnas de 4º exercerán de mestras de cerimonia dun espectáculo no cal o alumnado de 1º interpretará a canción favorita de don Paco e o alumnado de 3º levaranos cunha representación teatral ata o ano 1963, data na que se celebrou o primeiro Día das Letras Galegas. 

Polo súa banda, o alumnado de 2º realizou un podcast que podedes escoitar pinchando no arquivo adxunto.

Esperamos que gocedes moito desta data. Feliz Día das Letras Galegas!

Encontro co autor Manuel Núñez Singala

 

O vindeiro martes, 18 de abril, manteremos un interesante encontro co escritor Manuel Núñez Singala.

A 3ª hora participará o alumnado dos Clubs de Lectura que leu a obra narrativa "Noite de temporal". A 4ª hora será a quenda para o alumnado de 3º PDC, os cales estiveron lendo e traballando coa obra teatral "O achado do castro".

Trivialízate

Apúntate ao concurso cultural por equipos co que a Biblio conmemorará o Día do Libro. 

Celebrarase nos recreos da semana do 24 ao 28 de abril.

O premio para o equipo gañador será unha fantástica excursión no mes de xuño.

Apúntate no taboleiro da entrada da Biblio e pídenos máis información se a precisas. 

Hora de ler

 

Á volta das vacacións retomaremos a hora de ler o día 18 de abril na primeira sesión.

Non esquezades traer as vosas lecturas favoritas para gozar desta actividade!

Distribuir contido


by Dr. Radut