Skip to Content

Avaliación de pendentes 2021/22

O alumnado con materias pendentes ten dereito a realizar unha proba global no mes de maio e outra extraordinaria no mes de xuño sobre os contidos recollidos na programación do ano en que cursou a materia. O material para preparar a materia está accesible na aula virtual.

De forma voluntaria, pode acollerse a un programa de recuperación por parciais:

- O alumnado accederá a través da aula virtual ós boletíns de actividades.

- Realizará probas parciais con preguntas do tipo das dos boletíns.

- Os boletíns non se avalían.

- As unidades suspensas poden recuperarse en maio.

- A falta a dúas probas sen causa xustificada supón o abandono do programa, tendo que avaliarse de TODA a materia na proba de maio.


O alumnado acadará unha valoración positiva na materia se se dá algún destes casos:

- Acada o 5 na media das probas parciais (ningunha con menos de 3).

- Acada o 5 na proba global de maio ou na media de parciais e recuperacións das mesmas feitas en maio.

- Acada o 5 na proba extraordinaria de xuño.

 

Haberá clases de apoio os luns no segundo recreo (aula 18) ou por videoconferencia, previa solicitude e acordo de horario coa profesora.

 



page | by Dr. Radut